Teodoro II Paleólogo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxos
m Arranxos varios
Liña 6:
Teodoro II Paleólogo era o fillo do [[Lista de emperadores bizantinos|emperador bizantino]] [[Manuel II Paleólogo]] e a súa esposa [[Helena Dragaš]]. O seu avó materno foi o príncipe [[Serbia|serbio]] [[Constantino Dragaš]]. Os seus irmáns, incluíron aos emperadores [[Xoán VIII Paleólogo]] e [[Constantino XI|Constantino XI Paleólogo]], así como a [[Demetrio II Paleólogo|Demetrio Paleólogo]] e [[Tomé Paleólogo]], déspotas do [[Despotado de Morea]], e [[Andrónico Paleólogo]], déspota de [[Tesalónica]].
 
Cando Teodoro tivo dez anos, o seu pai proclamouno déspota e nomeouno gobernador de Morea despois da morte do seu tío [[Teodoro I Paleólogo]] en 1407. O primeiro período do seu reinado foi unha época de guerra contra os estados latinos de [[Grecia]] pola unificación de [[Peloponeso|Morea.]] Os inimigos de Teodoro II nese período incluían a [[República de Venecia]], que enviou tropas para impedir o seu intento de conquistar [[Patras|Patras.]]. Durante a minoría de Teodoro, o seu pai, o emperador Manuel II quedou en Morea e supervisou a administración e a defensa, reconstruíndo a muralla de [[Hexamilion]] a través do [[istmo de Corinto]].
 
Un momento de cambio drástico na política foi o seu matrimonio coa muller de nobreza latina [[Cleofa Malatesta]], organizada coa axuda do seu tío o [[Papa]] [[Martiño V, papa|Martiño V]], que se converteu en aliado e defensor de Teodoro. Nunha carta ao redor do tempo da morte de Manuel II (21 de xullo 1425), o Papa Martiño V chamou a Teodoro II emperador de [[Constantinopla]] (''ad Theodorum imperatorem constantinopolitanum''), pero en realidade a coroa pasou ao seu irmán maior [[Xoán VIII Paleólogo|Xoán VIII]].
Liña 28:
* (en inglés) <nowiki>http://user.orbit.net.mt/fournier/selimbria_mystra.htm</nowiki>
{{déspotas de Morea}}{{control de autoridades}}
 
[[Categoría:Dinastía Paleólogo]]
[[Categoría:Finados en 1448]]