Voto aprobatorio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta10)
Liña 2:
O '''voto aprobatorio''' é un [[sistema de votación]] usado en [[eleccións]], onde cada votante pode votar por tantos candidatos como desexe. É normalmente usado en elección nas que só pode haber un gañador. Pode ser usado en eleccións de gañador múltiple tamén, porén, nesta versión ten propiedades matemáticas moi diferentes, como embaixo se indica. O voto aprobatorio é unha forma primitiva de [[voto valorativo]], onde as opcións do votante son extremadamente poucas: aceptar ou rexeitar. O voto aprobatorio evita a paradoxo presentada polo [[Teorema de imposibilidade de Arrow]] xa que non é un sistema de orde preferencial.
 
O método foi descrito nun ensaio de 1968 do astrónomo [[Guy Ottewll]] e publicado en 1977 baixo o nome de "The Arithmetic of Voting"<ref>{{Cita web |url=http://www.universalworkshop.com/pages/ArithmeticOfVoting.htm |título={title}Copia arquivada |data-acceso=17 de xullo de 2007 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20070620191233/http://www.universalworkshop.com/pages/ArithmeticOfVoting.htm# |dataarquivo=20 de xuño de 2007 |urlmorta=si }}</ref>. O termo "voto aprobatorio" foi acuñado por [[Robert J. Weber]] en 1976, mais foi totalmente desenvolvido en 1977 e publicado en 1978 polo politicólogo [[Steven Brams]] e o matemático [[Peter Fishburn]]. Historicamente, algo semellante ó voto aprobatorio foi utilizado durante o século XIII na [[República de Venecia]] e nas eleccións parlamentarias da [[Inglaterra]] do século XIX. Ademais, as Nacións Unidas usan un proceso semellante para elixir ó seu Secretario Xeral. Aínda que proposto en países como os Estados Unidos, actualmente non é usado en ningunhas eleccións públicas.
 
== Procedemento ==