Primeira división española 2010/11: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta10)
Liña 3.849:
A [[Crise económica de 2008-2010|crise económica]] marcou o [[mercado de verán]] da tempada 2010/11. Os clubs de [[Primeira División de España|Primeira División]] gastáronse un total 262 millóns de euros en fichaxes, practicamente a metade do investido a tempada anterior. Deste xeito, o campionato español caeu ao terceiro posto das ligas europeas en canto a investimento en traspasos, por detrás da [[Premier League|Premier League inglesa]] (435 millóns de euros) e a [[Serie A (Italia)|Serie A italiana]] (327 millóns de euros).<ref>{{Cita web |url=http://prensa.esadeblogs.com/09/09/footballtransfer/ |título=FC Barcelona e Real Madrid lideran o investimento económico en Europa |data-acceso=09 de abril de 2011 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20110401203927/http://prensa.esadeblogs.com/09/09/footballtransfer/ |dataarquivo=01 de abril de 2011 |urlmorta=si }}</ref>
 
Debido á delicada situación económica dos clubs españois, a maioría optaron por reforzarse mediante cesións (23%) e fichaxes a custo cero (39%). O maior dispendio en contratacións volveu realizalo, un ano máis, o [[Real Madrid]], con 78 millóns de euros, seguido de cerca polo [[FC Barcelona]], con 71,5 millóns, dos que 40 foron investidos en [[David Villa]], o traspaso máis caro da tempada en [[España]]. Por detrás dos dous "grandes" quedaron os investimentos realizados polo [[Valencia CF]] (26,7 millóns), o [[Atlético de Madrid]] (22,8 millóns) e o [[Málaga CF]] (17,1 millóns), que realizou o maior investimento da súa historia tras ser adquirido polo xeque [[qatar]]í [[Abdullah ben Nasser Al Thani]].<ref>[http://malagacf.sur.es/noticias/2010-06-12/sanz-esposa-firman-venta-20100612.html Sanz e a súa esposa asinan a venda do Málaga ao xeque qatarí Ben Nasser].[[Diario Sur|Sur]].es. Consultado o 12/06/10.</ref><ref>{{Cita web |url=http://elmalaga.com/notes/11789-el-malaga-mas-ambicioso-de-la-historia |título=O Málaga máis ambicioso da historia |data-acceso=09 de abril de 2011 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20100826041908/http://elmalaga.com/notes/11789-el-malaga-mas-ambicioso-de-la-historia |dataarquivo=26 de agosto de 2010 |urlmorta=si }}</ref> No apartado de vendas, o [[Valencia CF]] situouse como o club europeo que máis beneficios obtivo co traspaso de futbolistas. Os levantinos, que venderon a tres campións do mundo -[[David Villa]], [[David Silva]] e [[Carlos Marchena]]- ingresaron 84 millóns grazas aos traspasos.<ref name="primetime">{{Cita web |url=http://www.ptsport.tv/files/Football_Transfer_Review_2011_by_PrimeTimeSport.pdf |título={title}Copia arquivada |data-acceso=09 de abril de 2011 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20110923184446/http://www.ptsport.tv/files/Football_Transfer_Review_2011_by_PrimeTimeSport.pdf# |dataarquivo=23 de setembro de 2011 |urlmorta=si }}</ref>
 
A diferenza do sucedido no [[mercado de verán]], no inverno disparouse o investimento respecto da tempada anterior: 32 millóns de euros en traspasos, catro veces máis do gastado en 2010. A maior parte deste desembolso foi realizado entre o [[Málaga CF]] e o [[Atlético de Madrid]], con 11,5 e 11,3 millóns de euros, respectivamente. Por segundo ano consecutivo os colchoneiros realizaron a fichaxe máis cara do mercado invernal, ao pagar 7 millóns pola contratación do [[brasil]]eño [[Elias Mendes|Elias]].<ref name="primetime"/>