Premio Galicia 1970: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta10)
Liña 12:
En torno a este premio, que foi gañado por Xohana Torres coa obra ''Adiós, María'', xeráronse varias polémicas. En primeiro lugar, Eduardo Blanco Amor, outro dos propostos, considerou inadecuada a elección da gañadora debido á falta de transparencia por parte do xurado, quen se sospeitaba que non lía na súa totalidade algunhas das novelas propostas. Como o propio Blanco Amor declarou, ''“No, no fue finalista. Ni siquiera la consideraron. Envié cinco ejemplares, dos de ellos pegados, y me los devolvieron en las mismas condiciones. Creían que algunas cosas eran obscenas”''
 
Ademais, houbo outra controversia<ref>{{Cita web |url=http://palavracomum.com/2016/01/11/unha-polemica-sobre-narrativa-galega-na-revista-madrilena-triunfo-por-xesus-gonzalez-gomez/ |título={title}Copia arquivada |data-acceso=18 de abril de 2016 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20160426081851/http://palavracomum.com/2016/01/11/unha-polemica-sobre-narrativa-galega-na-revista-madrilena-triunfo-por-xesus-gonzalez-gomez/#more-7528 |dataarquivo=26 de abril de 2016 |urlmorta=si }}</ref> arredor das figuras de [[Perfecto Conde Muruais]] e Juan Soto. O primeiro escribe unha recensión, ''Hacia el desarrollo de la novela gallega'', no número 484<ref>http://www.triunfodigital.com/mostradorn.php?a%F1o=XXVI&num=484&imagen=46&fecha=1972-01-08</ref> da [[revista Triunfo]] do 8 de xaneiro de 1972, na cal afirmaba, a propósito do Premio Galicia e da galardoada Xohana Torres, que dita novela estaba sobrevalorada e consideraba que o premio debería ter sido outorgado a Blanco Amor. Como contestación a esta recensión, Soto enviou unha carta na cal critica a posición de Murais e mesmo cuestiona a existencia dunha novela galega. El considera que ''Adiós, María'' é unha obra presuntuosa que procura achegarse á nova literatura hispanoamericana do momento. Así mesmo, táchaa de tópica e banal, considerando que existían moitas outras obras merecedoras do recoñecemento, como por exemplo ''O silencio redimido'' de Silvio Santiago.
 
== Notas ==