Luteína: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta10)
Liña 99:
Hai probas epidemiolóxicas de que existe unha relación entre as concentracións baixas no [[plasma sanguíneo]] de luteína e zeaxantina, e un incremento do risco de desenvolver [[dexeneración macular relacionada coa idade]] (AMD).
 
En 2013, informouse en JAMA dos resultados do Estudo 2 de enfermidades oculares relacionadas coa idade (AREDS2, do inglés ''Age-related Eye Disease Study 2''). O estudo AREDS2 foi un estudo que duron cinco anos deseñado para comprobar se a formulación [[AREDS]] orixinal que se vira que reducía a progresión de dexeneración macular relacionada coa idade nun 25% podería ser mellorada engadindo algúns dos seguintes compoñentes: ácidos graxos [[omega-3]]; luteína e zeaxantina; retirando o [[beta-caroteno]]; ou reducindo o [[cinc]].<ref name="AREDS2">{{Cita web |url=http://www.nei.nih.gov/news/pressreleases/050513.asp |título={title}Copia arquivada |data-acceso=17 de xaneiro de 2015 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20130607222728/http://www.nei.nih.gov/news/pressreleases/050513.asp# |dataarquivo=07 de xuño de 2013 |urlmorta=si }}</ref> No AREDS2, os participantes tomaron unha destas catro formulacións AREDS: a formulación AREDS orixinal, a formulación sen beta-caroteno, o AREDS baixo en cinc, e o AREDS sen beta-caroteno e baixo en cinc.<ref name="AREDS2" /> Ademais, tomaban unha de catro suplementacións ou combinacións adicionais, entre as que estaban a luteína e zeaxantina (10&nbsp;mg e 2&nbsp;mg), ácidos graxos omega-3, luteína/zeaxantina e ácidos graxos omega-3, ou placebo.<ref name="AREDS2" /> O resultado foi que non se observaba un beneficio adicional global ao engadir ácidos graxos omega-3 ou luteína e zeaxantina á formulación.<ref name="AREDS2" /> Porén, o estudo atopou beneficios en dous subgrupos de participantes: os que non tomaron beta-caroteno, e os que tiñan pouca luteína e zeaxantina na súa dieta.<ref name="AREDS2" /> A eliminación do beta-caroteno non freaba os efectos protectores da formulación contra o desenvolvemento de dexeneración macular avanzada relacionada coa idade en estado avanzado, o cal era importante porque as altas doses de beta-caroteno foran ligadas cun alto risco de padecer cancro de pulmón en fumadores.<ref name="AREDS2" /> Recomendouse substituír o beta-caroteno por luteína e zeaxantina en futuras formulacións.<ref name="AREDS2" />
 
=== Cataratas ===