Dopamina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta10)
Liña 131:
== Hipótese da mente dopaminérxica ==
 
A hipótese da mente dopaminérxica trata de explicar as diferenzas entre os humanos modernos e os seus antepasados homínidos centrándose nos cambios no uso da dopamina.<ref name="Previc">Previc F (2009). ''The Dopaminergic Mind in Human Evolution and History'' Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-51699-0.</ref> A hipótese supón que o incremento dos niveis de dopamina foi parte dunha adaptación fisiolóxica xeral debido ao incremento do consumo de carne hai uns dous millóns de anos por parte do ''[[Homo habilis]]'', e despois isto amplificouse polos cambios na dieta e outros factores ambientais e sociais que comezaron hai uns 80.000 anos. Nesta hipótese, a personalidade "alta en dopamina" caracterízase pola elevada intelixencia, un sentido do destino persoal, preocupación cósmica/relixiosa, unha obsesión en conseguir determinadas fins e conquistas, un desapego emocional que en moitos casos leva á crueldade, e unha mentalidade favorable á toma de riscos. Proponse que os altos niveis de dopamina están detrás dun incremento dos trastornos psicolóxicos nas sociedades industriais. De acordo con esta hipótese, unha "sociedade dopaminérxica" está estremadamente orientada a conseguir fins, ten un ritmo acelerado e mesmo características maníacas, "dado que se sabe que a dopamina incrementa os niveis de actividade, acelera os nosos reloxos internos e crea unha preferencia por ambientes novos en vez de sen cambio." <ref name=Previc/> Do mesmo modo que os individuos con alta dopamina perden a empatía e mostran un estilo de comportamento máis masculino, as sociedades dopaminérxicas están "tipificadas por máis conquistas, competición, e agresividade."<ref name=Previc/> Aínda que a hipótese está apoiada por evidencias de comportamento e algunhas evidencias anatómicas indirectas (por exemplo, aumento nos humanos do striatum rico en dopamina)<ref>{{Cita publicación periódica | doi = 10.1016/0165-0173(90)90004-8 | last1 = Rapoport | first1 = S. I. | year = 1990 | title = Integrated phylogeny of the primate brain, with special reference to humans and their diseases | url = | journal = Brain Research Reviews | volume = 15 | issue = 3| pages = 267–294 | pmid = 2289087}}</ref>, aínda non hai unha evidencia directa de que os niveis de dopamina sexan marcadamente máis altos nos humanos ca nos grandes simios.<ref>{{Cita publicación periódica | doi = 10.1016/j.neuroscience.2008.05.008 | last1 = Raghanti | first1 = M. A. | last2 = Stimpson | first2 = C. D. | last3 = Marcinkiewicz | first3 = J. L. | last4 = Erwin | first4 = J. M. | last5 = Hof | first5 = P. R. | last6 = Sherwood | first6 = C. C. | year = 2008a | title = Cortical dopaminergic innervation among humans, chimpanzees, and macaque monkeys: A comparative study | url = | journal = Neuroscience | volume = 155 | issue = 1| pages = 203–20 | pmid = 18562124 | pmc = 3177596}}</ref> Porén, recentes descubrimentos sobre asentamentos á beira do mar dos primeiros homes poden ser unha evidencia de cambios na dieta que apoiarían esta hipótese.<ref>{{Cita web |url=http://www.scientificamerican.com/article.cfm?id=interactive-seas-saved-humanity |título={title}Copia arquivada |data-acceso=06 de maio de 2012 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20101226200129/http://www.scientificamerican.com/article.cfm?id=interactive-seas-saved-humanity# |dataarquivo=26 de decembro de 2010 |urlmorta=si }}</ref>
 
== Relación coa psicose ==