Diferenzas entre revisións de «Triángulo»

Un caso especial e amplamente estudiado é o do '''triángulo rectángulo''' polas súas propiedades xeométricas. Neste tipo de triángulos, o lado oposto ó ángulo de 90 graos chámase '''hipotenusa''', e os outros dous '''catetos'''. A área dun triángulo rectángulo pódese calcular como o produto (das lonxitudes) dos catetos dividido entre dous. Ademais, sempre se cumpre que '''o cadrado da hipotenusa é igual á suma dos cadrados dos catetos''' (propiedade enunciada no [[Teorema de Pitágoras]]).
 
Ademais, defínese o ''' ''[[razóns trigonométrica|coseno]]'' ''' dun ángulo como a ''lonxitude do cateto contiguo partido pola hipotenusa'', e o ''' ''[[razóns trigonométricas|seno]]'' ''' como ''cateto oposto dividido entre a hipotenusa''. A ''' ''[[razónstanxente trigonométricas(trigonometría)|tanxente]]'' ''' será a ''razón entre o cateto oposto e o contiguo'', ou entre o seno e o coseno.
 
Se xuntamos dous triángulos rectángulos iguais superpoñendo as súas hipotenusas, a figura resultante é un [[rectángulo]] (de aí a relación entre o cálculo das áreas de ambas figuras). Se os triángulos unidos son, ademais de rectángulos, isósceles (os [[ángulo]]s agudos son de 45 graos), resulta un [[cadrado]].
31.446

edicións