Natureza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta10)
Liña 188:
A [[beleza]] da natureza é un tema recorrente na vida moderna e na [[arte]]: os libros que o enxalzan enchen grandes andeis das bibliotecas e librerías. Esta cara da natureza, que a arte ([[fotografía]], [[pintura]], [[poesía]] etc.) retratou e eloxiou en moitas ocasións revela a forza con que moitas persoas asocian a natureza coa beleza. O porqué da existencia desta asociación e debido a que constitúen o campo de estudo da [[estética]], unha rama da [[filosofía]]. Para a [[relixión]], a beleza explícase porque é creación de Deus, e polo tanto perfecta. Moitas culturas teñen unha imaxe da natureza como chea de divindade, ou identificada directamente coa divindade ([[panteísmo]]).
 
Máis aló de certas características básicas da natureza, na beleza das cales coinciden bastantes filósofos, hai unha gran diversidade de opinións<ref>{{Cita web |url=http://www.wilderness.org/Library/Documents/Beauty_Quotes.cfm |título={title}Copia arquivada |data-acceso=17 de marzo de 2008 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20060909220214/http://www.wilderness.org/Library/Documents/Beauty_Quotes.cfm# |dataarquivo=09 de setembro de 2006 |urlmorta=si }}</ref><ref>http://www.emersoncentral.com/beauty.htm</ref> Moitos científicos, que estudan a natureza de xeito máis específico e organizado, tamén comparten a idea de que a natureza é fermosa.
 
O [[matemático]] francés [[Henri Poincaré]] (1854-1912) dixo: {{Cita|O científico non estuda a natureza porque é útil, senón porque con ela se deleita, e deléitase porque é fermosa. Se a natureza non fose fermosa, non pagaría a pena coñecela, e se non pagase a pena coñecela, tampouco pagaría a pena vivir. Sen dúbida, non me refiro aquí á beleza que estimula os sentidos, a das calidades e as aparencias; non é que a infravalore, en absoluto, senón que esta non ten nada que facer coa ciencia. Refírome á beleza máis profunda, a que procede da orde harmoniosa das partes e que unha intelixencia pura pode captar}}