Diferenzas entre revisións de «Osíxeno»

neón > neon
(adherente)
(neón > neon)
=== Isótopos e orixe estelar ===
{{Artigo principal|Isótopos do osíxeno}}
O osíxeno que atopamos na natureza componse de tres isótopos estables: [[osíxeno-16|<sup>16</sup>O]], [[osíxeno-17|<sup>17</sup>O]] e [[osíxeno-18|<sup>18</sup>O]], sendo o <sup>16</sup>O o máis abundante (99,762 % de [[abundancia natural]]).<ref name="EnvChem-Iso">{{cita web|url=http://environmentalchemistry.com/yogi/periodic/O-pg2.html|título=Oxygen Nuclides / Isotopes|páxina-web=EnvironmentalChemistry.com|dataacceso=15 de xaneiro de 2015}}</ref> A maior parte do <sup>16</sup>O [[Nucleosíntese|sintetízase]] ao final do [[Proceso triplo-alfa|proceso de combustión do helio]] nunha [[estrela (astronomía)|estrela]] masiva, pero outra parte prodúcese no [[proceso de combustión do neón|proceso de combustión do neon]].<ref name="Meyer2005">{{Cita conferencia|nome=B.S.|apelidos=Meyer|título=Nucleosynthesis and Galactic Chemical Evolution of the Isotopes of Oxygen|data=19-21 de setembro de 2005|lugar=Gatlinburg, Tennessee|url= http://www.lpi.usra.edu/meetings/ess2005/pdf/9022.pdf|título-libro=Proceedings of the NASA Cosmochemistry Program and the Lunar and Planetary Institute|url-conferencia=http://www.lpi.usra.edu/meetings/ess2005/|conferencia=Workshop on Oxygen in the Earliest Solar System|id=9022}}</ref> O <sup>17</sup>O xorde fundamentalmente pola combustión do hidróxeno en helio durante o [[Ciclo carbono-nitróxeno-osíxeno|ciclo CNO]], converténdoo nun isótopo común nas zonas de combustión de hidróxeno nas estrelas.<ref name="Meyer2005"/> Pola súa banda, a maioría do <sup>18</sup>O prodúcese cando o [[Nitróxeno-14|<sup>14</sup>N]] —que abunda debido á combustión CNO— captura un núcleo de [[Helio-4|<sup>4</sup>He]], causando unha abundancia de <sup>18</sup>O nas zonas ricas en helio das [[Evolución estelar#Estrelas de masa elevada ( 9 MSol < M < 30 MSol )|estrelas masivas]].<ref name="Meyer2005"/>
 
Caracterizáronse catorce [[radioisótopo]]s, dos que os máis estables son o <sup>15</sup>O cun [[período de semidesintegración]] de 70,606&nbsp;segundos.<ref name="EnvChem-Iso"/> Todos os restantes isótopos [[Radioactividade|radioactivos]] teñen períodos de semidesintegración inferiores a 27&nbsp;segundos e a maior parte destes, inferiores a 83&nbsp;milisegundos.<ref name="EnvChem-Iso"/> A forma de descomposición dos isótopos máis lixeiros que o <sup>16</sup>O é a [[emisión de positróns|descomposición β<sup>+</sup>]]<ref name="NUDAT-13O">{{cita web|url=http://www.nndc.bnl.gov/nudat2/decaysearchdirect.jsp?nuc=13O&unc=nds|título=NUDAT 13O|dataacceso=22 de xullo de 2012}}</ref><ref name="NUDAT-14O">{{cita web|url=http://www.nndc.bnl.gov/nudat2/decaysearchdirect.jsp?nuc=14O&unc=nds|título=NUDAT 14O|data-acceso=21 de febreiro de 2015}}</ref><ref name="NUDAT-15O">{{cita web|url=http://www.nndc.bnl.gov/nudat2/decaysearchdirect.jsp?nuc=15O&unc=nds|título=NUDAT 15O|dataacceso=21 de febreiro de 2015}}</ref> para producir nitróxeno e, para os máis pesados que o <sup>18</sup>O, a [[desintegración beta]] para formar [[flúor]].<ref name="EnvChem-Iso"/>
10.707

edicións