José Antonio Hernán Seijas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Introduciendo ficha
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Estudou [[enxeñería naval]], exerceu a súa profesión en [[Bazán]], supervisor de instalacións [[radioactividade|radioactivas]] foi tamén funcionario do Ministerio de Economía e Facenda. Home fondamente relixioso foi membro do [[Opus Dei]]{{cómpre referencia}} e presidente da Cociña Económica de Ferrol e da Asociación Cultural Valle Inclán. Colaborador de ''[[La Voz de Galicia]]'' e ''[[Diario de Ferrol]]''. Especializado na [[filatelia temática]] a súa colección ''[[áncora|A Áncora]]'' levou diversas medallas de ouro en diversas exposicións españolas e internacionais.
 
Socio da [[Sociedade Filatélica da Coruña]]. Foi membro da [[Academia Hispánica de Filatelia]], da comisión Temática da [[Federación Internacional de Filatelia]] e do seu corpo de xurados, directivo da [[FESOFI]] desde [[1980]]. Director da revista ''[[Temas Filatélicos]]'' (1990-2001) e colaborador habitual de ''[[Crónica Filatélica]]''. Autor de ''Introducción a la Filatelia Temática'', ''Educación del Coleccionista'' e ''La Filatelia Temática: una innovadora forma de coleccionar''.