Abrir o menú principal

Cambios

m
lig int
En 1934 afiliouse ao [[Partido Comunista de España|Partido Comunista]] e, aproveitando unha viaxe a Curtis, organizou alí a primeira célula. Despois de traballar en Madrid, foi trasladada a [[Lugo]], a onde ía todos os días dende Curtis.
 
Logo dado [[sublevacióngolpe de Estado do 18 de xullo de 1936]], foi detida co seu home o 5 de agosto e trasladados a Curtis. Ao día seguinte foron levados ao cárcere de Santiago. O 19 de decembro celébrase o [[Consello de guerra]] que condena ao matrimonio á [[pena de morte]].
 
A execución da sentenza estaba prevista para o día 24, pero as autoridades postergárono para o 31 de decembro. O día 30 comunicáronlle que lle conmutaran a pena pola de reclusión perpetua, mentres que Manuel Calvelo foi fusilado ese mesmo día.
En [[1946]] trasladouse a vivir á Coruña. O acoso policial era incesante e decidiu marchar a [[Buenos Aires]], onde tiña familia, para deixar os fillos ao seu coidado e volver a Galicia para incorporarse á guerrilla. O 18 de xullo embarcou cos seus fillos rumbo a [[Río da Prata]]. Reiniciou a súa militancia comunista no seo da emigración. Incorporouse á [[Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales|Federación de Sociedades Gallegas]], onde participou na comisión feminina e na de cultura.
 
A principios dos anos 60 cos cambios producidos en [[China]], Isabel e un grupo de comunistas comezan a ter diferenzas ideolóxicas co [[PCE]] e finalmente foi expulsada xunto con outros militantes por seren considerados "fraccionistas". En [[1966]] debido ao golpe militar de Onganía, o seu fillo Roberto Calvelo trasladouse a [[Chile]] e ela seguiuno. Roberto fora contratado polo Ministerio de Educación de Chile e en 1971 pasou a ser consultor da [[FAO]]. En [[1973]] o golpe de [[Pinochet]] volvevolveu levala outra vez ao exilio trasladándose a [[Perú]]. En [[1975]] o seu fillo Manuel invitouna a pasar unhas vacacións en España; ao pouco de chegar conseguiu reincorporarse no seu posto laboral no [[Ministerio de Facenda de España|Ministerio de Facenda]] e estableceuse en Madrid.
 
== Véxase tamén ==
 
=== Ligazóns externas ===
* {{Álbum de Mulleres|47}}
* [https://web.archive.org/web/20160308223333/http://www.galizacig.gal/actualidade/200407/lp_isabel_rios.htm Isabel Ríos] na páxina web da [[CIG]].
* {{Nomes Voces|9463}}
* [http://vitimas.nomesevoces.net/gl/ficha/9463/ Ficha] en [[Nomes e Voces]].
 
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Rios Lazcano, Isabel}}
 
[[Categoría:Políticos do PCE]]
[[Categoría:Exilio galego]]
90.258

edicións