Marta cibelina: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Erro ortográfico corrigido Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través da aplicación móbil Edición desde aplicación iOS |
ribetear > reberetar |
||
Liña 71:
Segundo o libro de Atkinson ''Travels in Asiatic Russia'', a rexión do [[río Barguzin]], no [[lago Baikal]], era famoso polas súas martas cibelinas. A pel desta poboación ten pelos dunha intensa cor negra con punta branca. Os cazadores pedían ás veces de 80 a 90 dólares por unha soa pel.<ref name="trapper"/> A pel de marta cibelina seguiu sendo a pel favorita en Rusia, ata o dscubrimento da pel de [[Enhydra lutris|londra mariña]] na península de Kamchatka, cuxa pel era considerada aínda máis valiosa.<ref name="siberia"/> As peles de marta cibelina eran cobizadas pola nobreza do [[Imperio Ruso]], polo que poucas peles saían de Rusia naquel período. Porén, podían conseguirse algunhas a través de comerciantes xudeus, que chegaban anualmente á feira de [[Leipzig]].<ref name="trapper"/> Ás veces, a caza da marta cibelina era un traballo que se lles daba aos convitos exiliados en Siberia.<ref name="zoo"/>
As compañías de peles da Rusia imperial producían 25.000 peles anualmente, e case as 9 décimas partes eran exportadas a [[Francia]] e [[Alemania]]. As roupas cívicas do Alcalde maior e Corporación de [[Londres]], que se utilizaban en ocasións especiais estaban
A [[Unión Soviética]] permitiu que as comunidades denominadas de [[vellos crentes]] continuasen o seu modo tradicional de vida a condición de que entregasen todas as peles de marta cibelina que producisen.<ref>''Lost and Found in Russia: Encounters in a Deep Heartland'' de Susan Richards, publicada por I B Tauris & Co Ltd. (13 de maio de 2009), ISBN 1-84885-023-9</ref> A [[disolución da Unión Soviética]] levou a un incremento da caza e do furtivismo na década de 1990, en parte porque as peles rusas de animais silvestres eran consideradas as máis luxosas e as que alcanzaban maiores prezos no mercado internacional.<ref>{{Cita novas | last = Tyler | first = P. E. | title = Behind the $100,000 Sable Coat, a Siberian Hunter | work = The New York Times | date = 2000-12-27 | url = http://query.nytimes.com/gst/fullpage.html?res=9802E6DA1038F934A15751C1A9669C8B63}}</ref> Actualmente, a [[IUCN]] non lle asignou á especie un estado de conservación especial, aínda que a subespecie xaponesa illada ''M. zibellina brachyurus'' está na categoría de "datos deficientes".<ref name=iucn/>
|