Esqueleto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Na cultura popular: +trad. ca.wiki
Elisardojm (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 36:
Os sistemas externos soportan proporcionalmente menos peso que os endoesqueletos do mesmo tamaño; por esta razón os animais máis grandes, coma os [[vertebrado]]s, teñen sistemas esqueléticos internos.
 
Os principais exemplos de exoesqueleto atópanse entre os [[artrópodo]]s, algúns [[invertebrado]]s, nos que o exoesqueleto forma unha casca ou estrutura externa que protexe aosós órganos internos.
 
Tendo en conta que os exoesqueletos limitan obviamente o crecemento do animal, as especies con esta característica desenvolveron evolutivamente variadas solucións. A maioría dos moluscos teñen cunchas calcáreas que acompañan ó crecemento do animal mediante crecemento no [[diámetro]] mantendo a súa morfoloxía. Outros animais, tales coma os [[artrópodo]]s, abandonan o vello exoesqueleto ó medrar, proceso que se coñece como "muda". O novo exoesqueleto endurécese mediante procesos de calcificación e esclerotización.
Liña 67:
Un esqueleto interno consiste en estruturas ríxidas ou semirríxidas dentro do corpo, que se moven grazas ó [[músculo|sistema muscular]].
 
Se tales estruturas están mineralizadas ou [[Osificación|osificadas]], coma nos humanos e outros [[mamífero]]s, chámaselles [[óso]]s. Outro compoñente do sistema esquelético son as [[cartilaxe]]s, que complementan a súa estrutura. Nos seres humanos, por exemplo, o [[nariz]] e as [[orella]]s están sustentadas por cartilaxe. Algúns organismos teñen un esqueleto interno composto enteiramente de cartilaxe, sen [[óso]]s calcificados, coma no caso das [[quenlla]]s. Os ósos e outras estruturas ríxidas están conectadas por ligamentos e unidas aoó sistema muscular a través de [[tendón]]s.
 
O esqueleto do home é interno, polo tanto chámase endoesqueleto, é unha estrutura unida por ósos que forman unha carcasa resistente e á vez permite a súa articulación.
Liña 92:
O esqueleto axial está formado pola [[columna vertebral]], que se subdivide en rexión troncal (conxunto de vértebras que presentan costelas e carecen de arco hemal) e rexión caudal (conxunto de vértebras que carecen de costelas e presentan arco hemal). As vértebras están osificadas e presentan unha canle central moi pequena polo que discorre a [[notocorda]], presente tamén nos discos situados entre as vértebras. Cada unha é cóncava por diante e por detrás, e posúen encima un arco neural (polo que pasa o cordón nervioso) e por baixo un arco hemal (polo que pasa un vaso sanguíneo, presente só no esqueleto axial caudal).
 
O tipo de vértebras que se atopan nos [[peixes cartilaxinosos]] son as anficélicas, e resultan útiles para a natación, conferindo flexibilidade aoó esqueleto axial. A notocorda queda comunicada polo centro de cada vértebra, os discos entre vértebra e vértebra non están illados. Na rexión troncal hai dous tipos de costelas: as ventrais e as dorsais. As ventrais son homólogas ás dos [[tetrápodos]]. No tabique horizontal de tecido conxuntivo que separa a musculatura ventral da dorsal aparece o xogo dorsal de costelas.
 
=== Esqueleto flexible ===