Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 377:
::Boas, eu vendo a ligazón que achega Segredos de Pantón, penso que sería correcto engadir no artigo que tamén existe esa denominación, indicando esa referencia, e incluso penso que podería facerse unha redirección. Como o ves [[User:Estevoaei|Estevoaei]]?
::Segredos de Pantón, sobre o castelo de Maside, eu hai unha cousa que non entendo, se o castelo se chama de Maside, por que está no lugar da Torre? Os lugares de Maside e da Torre están en parroquias diferentes... Hai que investigar máis o tema e buscar referencias, se é que as hai, para poder indicar outro nome no artigo, ou incluso se fose máis correcto, cambialo. Eu non teño información sobre ese castelo, se ti podes conseguir esas referencias eu podería revisalas, xa que teño as miñas dúbidas de que o nome sexa totalmente correcto... Saúdos, [[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 5 de novembro de 2018 ás 16:24 (UTC)
 
Respecto a este tema [[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]], o lugar da Torre é unha aldea onde atópase o Castelo de Maside, a toponimia de Torre, vería do termo arquitectónico de torre como reflexa Nicandro Ares Vázquez no seu estudo da toponimia pantonesa, logo respecto ao tema que plantexas é moi simple son lugares que están ao carón sendo a separación parroquial o río Ferreira, basta con fixarse nun mapa. O lugar máis antigo é Maside, que vendo mapas aparece, respecto este topónimo Nicandro Ares Vázquez fixo un apunte no seu estudo toponímico:
Maside parece xenitivo dun nome persoal, tal vez Magitus (HGN
172/4; OPNH 216/887), se damos creto a que este lugar era Magide en
4 docs. do séc. XVI (CDFP 218, 219, 221, 222), semellante a Maxide
(en Montecubeiro, Castroverde; cf. Lucensia, Nº 18, 1999, p. 55). Pero
na mesma CDFP (cf. índice) este lugar de Pantón nomeábase Maside
/ Masside / Masyde en 15 docs. do séc. XIV-XV. Por outra parte está
Maside en Sarria, que era Masiti (non mariti) en 904 (TSA páx. 440),
Masiti en 1106 e Masidi en 1107 (TSA nº 143 e 67). Cabeza Quiles (NL
285) supón “Massiti de Massitus”, pero non aduce citas documentais.
Sarmiento (436) trae Masside* no grupo de “sitios geográficos en Galicia
que tomaron el nombre por disposición del terreno*”, pero non propón
etimoloxía. Pensado (OELG I 354) escribe: “Por su terminación
-ide, Maside parece nombre de posesor y quizás se trate de una variante
de Maxitus (Piel, Possessores, nº 249) con asimilación del grupo -ks-
(-x-) en -s- (dixit > disse / dixe): *Masiti > Maside”. Finalmente vexo
que Díaz Fuentes (TCS 138) admite como explicación verosímil o xenitivo
do antropónimo Massidius, rexistrado por Schulze (LE 427).
Penso que con todo isto queda claro Masid é unha invención e que o lugar real é Maside, insisto outra vez en mirar un mapa de Pantón. E penso que con todo isto é claro que o nome debe ser Castelo de Maside ou Castelo de Ferreira nunca Castelo de Masid.