Florencio Cerviño González: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
+ info desde Couceiro Freijomil
Liña 6:
En 1874 ingresou no [[seminario de Tui]]. Fixo os estudos sacerdotais cunha bolsa. Tras recibir o grao de bacharel en [[Teoloxía]] en [[1883]], foi nomeado profesor de filosofía. En 1883 foi nomeado presbítero. Estudou dous anos de canons, e en 1887 foi nomeado capelán do Asilo de Anciáns Desamparados. En 1890 doutorouse en Teoloxía e licenciouse en Canons, e foi nomeado fiscal do tribunal eclesiástico. Posteriormente accedeu mediante oposición á Maxistralía do cabido.
 
Escribiu poesías, que publicouypublicou en ''[[El Eco del Miño (Tui)|El Eco del Miño]]''. Nesa publicación sostivo unha polémica con [[Indalecio Armesto]], a través de once artigos asinados co [[pseudónimo]] de Solino Forcey. Na publicación ''[[La Integridad]]'' publicou en 1901 unha oración fúnebre na memoria de [[Rosendo Salvado]].
 
O [[7 de marzo]] de [[1921]] foi nomeado bispo de Ourense polo papa [[Bieito XV]], e foi consagrado na [[catedral de Tui]] o [[27 de decembro]] dese ano polo bispo [[Manuel Lago González]].