John Deacon: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Introduciendo ficha
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Biografía}}
{{Sen referencias|data=marzo de 2016}}
[[Ficheiro:Bass player queen.jpg|miniatura|dereita|220px|Deacon nun concerto con [[Queen]] en [[1979]].]]
'''John Richard Deacon''', nado en [[Leicester]] o [[19 de agosto]] de [[1951]], é un [[músico]] [[Inglaterra|inglés]], hoxe retirado, máis coñecido por ser o baixista e un dos compositores da banda de rock [[Queen]]. Foi o último dos catro membros en entrar no grupo e tamén o máis novo, xa que só tiña 19 anos nese momento. Deacon é o autor dun gran número de éxitos de [[Queen]], incluíndo os sinxelos "[[You're My Best Friend]]", "[[Spread Your Wings]]", "[[Back Chat]]", "[[I Want to Break Free]]" e o maior éxito de todos, o sinxelo máis vendido da banda nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], "[[Another One Bites the Dust]]", así como outras cancións de practicamente todos os discos de [[Queen]]. Tocou tamén a [[guitarra]], o [[piano]] e a [[guitarra clásica]] en varios álbums, así como os teclados e [[sintetizador]]es, e a programación. De xeito diferente aos seus compañeiros, o instrumentista sempre evitou actuar nas voces do grupo, e súa participación limítase ás voces de apoio nalgunhas presentacións en directo. John Deacon é considerado como un dos maiores baixistas do mundo do [[Rock and roll|rock]].