Rafael Dieste: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios
Sobreira (conversa | contribucións)
Liña 40:
 
== Traxectoria ==
Con quince anos matriculouse na [[Escola Normal de Santiago de Compostela]], mais interrompeu os seus estudos para viaxar a [[México]], onde moraba un irmán seu. Outro dos seus irmáns, [[Eduardo Dieste]], remataría sendo cónsul de Uruguai ante España. De regreso a Rianxo iniciou a súa relación coa literatura da man de [[Manuel Antonio]]. Ambos os dous entraron en contacto co [[federalismo]] e o [[nacionalismo]] a través de [[Vicente Risco]].
 
Entre [[1921]] e [[1923]] debeu facer o [[servizo militar]] na [[Guerra do Rif|Guerra de Marrocos]]. Publicou algúns relatos na revista ''[[Cuentos Nuevos]]'' de Compostela. De regreso á Galiza, rematou a carreira de [[xornalismo]] e colaborou en varios xornais de [[Vigo]], como ''[[Faro de Vigo]]'', ''[[Galicia. Diario de Vigo|Galicia]]'' e ''[[El Pueblo Gallego]]''. En [[1926]] recolleu oito relatos xa publicados nestes dous últimos no libro ''[[Dos arquivos do trasno]]''. Coa súa lectura ingresou, en [[1927]], no [[Seminario de Estudos Galegos]].