Cañita Brava: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m porén
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Correccións automáticas
Liña 6:
Á primeira aparición de Cañita en [[TVE]] (na que non interpretou ningunha canción pero si fixo unha parodia da retransmisión do famoso encontro España-Malta) sucedéronse moitas outras, nas que comezou a explora-los seus varios talentos como compositor e vocalista en temas da calidade de "Canción en ruso" ou "Ya vienen los pastores", esta última unha panxoliña que adaptou ao seu estilo para unha edición de nadal de ''El semáforo''. O público aclamou case dende o principio a arte de Cañita, que chegou a transcender por completo o formato do programa, que era en realidade un concurso de talentos moi dubidosos. Así, Cañita axiña se converteu nun regular e adoitaba aparecer fóra de concurso, demostrando cada semana que era un artista prolífico que endexamais ficaba sen cancións. "Tengo más de treinta canciones compuestas", asegurou nunha ocasión, "y siempre me quedan las mejores para el final, no sé por qué".
 
É aquí onde a historia de Cañita se tinxe de controversia, pois ao longo dos anos, moito se ten publicado acerca de sobre quén recae o dudoso privilexio de descubrilodescubrillo e presenta-lo seu talento en ''El semáforo''. Aínda que hai quen insiste en que o responsábel da primeira aparición de Cañita no programa é [[Narciso Ibáñez Serrador]], "Chicho", o admirado creador de programas da entidade de ''Un, dos, tres'', nalgunhas entrevistas o propio Cañita outórgalle todo o mérito do seu salto á fama a Juan Ballesteros, un dos empregados de Chicho na produción de ''El semáforo''. Polo tanto, aínda que Chicho foi o creador e director do programa, Ballesteros foi quen trouxo a Cañita á súa atención e lle dixo, en palabras do propio artista galego, "que le convenía" aceptalo como participante. Tampouco é certo que Chicho fose o seu representante, como máis dunha vez se ten especulado, pois Serrador endexamais se pronunciou ao respecto e, ademais, probabelmente tería traballo dabondo coa preparación semanal de ''El semáforo''.
 
A pesar de ser coruñés, Cañita poucas veces ten interpretado cancións en galego; porén, o seu talento compositivo sen límites permítelle cantar en varias linguas, como tivémo-la ocasión de comprobar non só nas súas clásicas aparicións en ''El semáforo'', senón tamén máis recentemente en ''Somos unha potenzia'', o show de variedades da [[TVG]] presentado por [[Carlos Blanco]], quen se sorprendeu do talento políglota de Cañita. De feito, grande parte da crítica coincide en afirmar que, a pesar da semellanza melódica que existe na meirande parte das cancións de Cañita, a súa mestría compositora en varias linguas non ten precedentes nin sequera nos temas en latín que [[Cat Stevens]] gravou a finais dos anos 70. Sempre parco en verbas, Cañita quítalle importancia a este don tan especial: "Componer en idiomas, se puede componer. Yo escucho una palabra en un idioma y la meto en la canción y ya sé". Sen dúbida, verbas lúcidas, aínda que crípticas dabondo, pero verdadeiramente dignas de todo un xenio da música e da poesía.