Fabricio Agosto Ramírez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
FleaRHCP (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
suscrito > subscrito
Liña 58:
 
== Traxectoria ==
A súa carreira coma porteiro iniciouse no [[Unión Deportiva Vecindario|UD Vecindario]] da súa illa natal onde xogaría dúas tempadas entre 2003 e 2005. O [[Deportivo da Coruña]], que tiña suscritossubscritos naquela altura unha serie de acordos co club insular, decidiu na campaña 2005–06 contratar ao xove porteiro para que se incorporara ao seu equipo xuvenil.
 
Só unha temporada máis tarde, a 2006–07, Fabricio pasou ao [[Deportivo da Coruña B|Deportivo B]], filial do equipo coruñés, onde xogaría as dúas seguintes. Na última destas temporadas, a polémica suscitada entre os dous porteiros do primeiro equipo, [[Gustavo Munúa]] e [[Dudu Aouate]], logo de que o primeiro batese no segundo no contexto dunha liorta entre ambos, proporcionoulle ao canario unha oportunidade na [[Primeira división española|Primeira División]]. O seu debut coma titular do primeiro equipo produciuse o [[13 de xaneiro]] de [[2008]], nunha derrota contra o [[Villarreal CF]] no [[estadio El Madrigal]]. Fabricio aínda disputou varios partidos oficiais máis ata que no mes seguinte os dous porteiros implicados na liorta puideron reincorporarse á disciplina do primeiro equipo, regresando o canario ao filial.