Cruzada albixense: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 199:
== Consecuencias ==
A primeira e máis evidente consecuencia da cruzada tivo lugar no '''plano relixioso.''' O movemento cátaro, aínda sen deixar de ser minoritario e malia ser perseguido noutras partes de Europa, alcanzara ao longo o [[século XII]] unha influencia crecente na avanzada e tolerante sociedade do [[Languedoc]], incrementando o seu número de fieis, particularmente, entre os membros da nobreza. Como consecuencia da guerra e a represión posterior o movemento foi desorganizado e entrou en decadencia; aínda que logrou sobrevivir en áreas periféricas do reino de Aragón e de [[Bosnia (rexión)|Bosnia]], a súa influencia acabou desaparecendo de [[Europa Occidental]] cara a principios do [[século XIV]] (definitivamente coa conquista turca de Bosnia). A Igrexa romana consolidou así, pola forza das armas, a súa posición hexemónica antes de que a ameaza considerada herética se estendese a toda a sociedade languedociana ou a outros territorios. Ademais no curso do conflito naceron dous instrumentos que lle serían fundamentais nos séculos seguintes: a [[Inquisición]] e a [[Orde dos Predicadores|Orde dos Irmáns Predicadores]].
[[Ficheiro:France_Toulouse1Capitole Toulouse - Salle des Illustres.jpg|miniatura|333x333px|Galería dos ilustres do Capitolio de Toulouse, algúns frescos representan escenas da cruzada.]]
No '''plano político''' houbo dous: o fin da expansión aragonesa ao norte dos [[Pireneos]] e a desaparición do Condado de Tolosa.