Gottfried Wilhelm Leibniz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
ligazón interna
Liña 25:
|notas =
}}
'''Gottfried Wilhelm von Leibniz''', nado en [[Leipzig]] o [[1 de xullo]] de [[1646]] e finado en [[Hannover]] o [[14 de novembro]] de [[1716]], foi un [[filósofo]], [[científico]], [[matemático]], [[diplomático]] e [[bibliotecario]] [[Alemaña|alemán]]. Acredítaselle a creación do termo "[[función]]" ([[1694]]), que usou para describir unha [[cantidade]] relacionada cunha [[curva]], como por exemplo a inclinación dunha [[curva]] ou un punto calquera dunha curva. En xeral, xunto con [[Isaac Newton|Newton]], considérase a Leibniz como protagonista do desenvolvemento do [[cálculo]] moderno; en particular polo seu desenvolvemento do [[Cálculo infinitesimal|Cálculo Integral]] e da [[Regra do produto]].
 
Demostrou xenialidade tamén nos campos da [[lei]], [[relixión]], [[política]], [[historia]], [[literatura]], [[lóxica]], [[metafísica]] e [[filosofía]]. Foi o primeiro en comprender que a [[anatomía da lóxica]] -as leis do pensamento- é un asunto de [[análise combinatoria]]. Na súa visión da existencia dunha “característica universal”, Leibniz atopábase dous séculos por diante, no que concerne á matemática e á lóxica. A unión nun único cerebro, da máis alta habilidade en dous amplos dominios do pensamento matemático, o analítico e o combinatorio, ou o continuo e o descontinuo, non ten precedentes nin antes nin despois de Leibniz. Foi o único home na historia da [[matemática]], que tivo estas dúas calidades de pensamento nun grao superlativo.