Externsteine: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "miniatura|Externsteine, Outubro de 2018. '''Externsteine''' ({{coord|51|52|8|N|8|55|3|E|type:landmark_region:DE}}) é unha formaci..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 3 de novembro de 2018 ás 14:43

Externsteine (51°52′8″N 8°55′3″L / 51.86889, -8.91750) é unha formación rochosa singular de 40 metros de altura situada no val atravesado polo río Wiembecke ao seu paso pola cidade de Horn-Bad Meinberg no estado histórico do Principado de Lippe. Este monumento natural alemán recibe medio millón de visitantes cada ano [1]. O Externsteine forma parte dunha reserva natural propiedade do Landesverband Lippe, subdivisión administrativa do Estado de Renania do Norte-Westfalia, e controlada en colaboración coa estación científica especializada en Biloxía de Lippe.[2]

Externsteine, Outubro de 2018.

Externsteine no folclore alemán

Desde o século XIX o Externsteine convértese no centro de diversos estudos centrados no seu posíbel uso na antigüedade como centro relixioso e a súa relevancia para os pobo teutón. Durante o Terceiro Reich desde a Orde Teutónica, como orde con fins caritativos e de asociacionismo, o reverendo Wilhelm Teudt impulsa unha investigación nos arredores da área da formación rochosa na procura de probas que a identifiquen como un lugar de culto teutón. As escavacións sucédense seguidas polos equipos de investigación de Amt Rosenberg e a partir de 1935 polo SS Ahnenerbe. As escavacións non atopan probas que refuten a tese da formación rochosa como un lugar de culto teutón, tese apoiada pola propaganda nazi, tralo cal o Ministro de Interior Heinrich Himmler detén a publicación dos resultados científicos.

Os estudos despois de 1993 recuperan o material das escavacións deste periodo, 1934/35, e a arqueóloga Uta Halle emprega estes resultados para facer unha documentación histórica dos usos máis recentes do Externsteine pola política e cultura alemá, onde se citan a reunión de grupos neo-pagáns, neo-nazis e un incremento do turismo ordinario até os 50.000 visitantes ao día. [3]

Notas

  1. "Externsteine"(en alemán)
  2. "Externsteine"(en alemán)
  3. Gazin-Swartz, Cornelius; Holtorf, Amy (1999). Archaeology and Folklore (en inglés). Routledge. pp. 154–6. ISBN 0-203-98384-X.