Misterio de Elx: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Sen resumo de edición
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 6:
Trátase da única obra no seu xénero que foi representada sen interrupción ata a actualidade, superando mesmo o impedimento que supuxo a prohibición de representar obras teatrais no interior das igrexas por parte do [[Concilio de Trento]]. Foi o Papa [[Urbano VIII]] quen, en [[1632]], concedeu ao pobo de Elx, a través dun rescrito pontificio, o permiso para continuar coa devandita representación, contra o intento de prohibición do bispo de [[Orihuela]].
 
Todos e cada un dos personaxes son representados por varóns, tratando de respectar así a orixe litúrxico-medieval desta, que vetaba expresamente a aparición de mulleres neste tipo de representacións. O texto do ''Misteri'', a excepción dalgúns versos en [[Lingua latina|latín]], está escrito en [[valencianocatalán]] antigo. A música é unha amálgama de estilos de diferentes épocas que inclúen motivos do [[Idade Media|Medievo]], do [[Barroco]] e do [[Renacemento]].
 
A festividade recibiu numerosas condecoracións e recoñecementos, entre os que destaca a declaración o [[18 de maio]] de [[2001]] como Obra Mestra do Patrimonio Oral e Inmaterial da Humanidade por parte da [[Unesco]].