David Díaz Rodríguez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
alonxar > afastar
Liña 4:
 
==Traxectoria==
Fillo de familia obreira, aos 16 anos escapou do seminario de Mondoñedo e integrouse en grupos anarquistas. Emigrou a [[Cuba]] e aos [[Estados Unidos de América]] utilizando o pseudónimo '''Dello Danel'''. Repatriado de Cuba en 1919, desembarcou en [[Vigo]] e tratou de levar adiante os periódicos ''[[El Combate (Vigo)|El Combate]]'' e ''[[El Látigo (1919)|El Látigo]]'', sen éxito. Marchou a [[La Línea de la Concepción]], onde dirixiu unha publicación bisemanal, pero foi deportado a [[Lugo]] en 1920.<ref>''[[El Progreso (xornal)|El Progreso]]'', 12-2-1920, p. 6.</ref> Marchou á [[Coruña]] onde participou na creación da Juventud Libertaria e da Biblioteca Libertaria. Dirixiu a última etapa de ''[[La Voz del Obrero (A Coruña)|La Voz del Obrero]]'', colaborou en ''[[Lucha Social]]'' e foi correspondente de ''[[España Nueva]]''. Foi desterrado a [[Buenavista de Valdavia]] en 1920 pero fuxiu para regresar a Coruña. Colaborador habitual do semanario ''Nueva Senda'', foi procesado por delitos contra o libre exercicio do culto e por delito de imprenta. Entre [[1922]] e 1923 aparece por terras de Levante e Andalucía acompañando a José Alberola e José Sánchez Rosa nunha xira de afirmación anarquista. Estableceuse en [[Belmez]] e [[Peñarroya-Pueblonuevo]] dende 1922, e dirixiu o periódico ''Carnaval'' de Peñarroya-Pueblonuevo. Durante a [[ditadura de Primo de Rivera]] dedicouse á educación dos fillos dos xornaleiros fundando o centro de ensinanza racionalista "Luz y Vida" co anarquista Aquilino Medina, e dirixiu o semanario dominical ''Don Quijote''. Participou na enquisa anarquista organizada polo grupo Los Iconoclastas de [[Steubenville, Ohio|Steubenville]] ([[Ohio]]). Pouco antes da II República colaborou en ''El Pueblo'', ''Estudios'' e ''El Amigo del Pueblo'' de [[Azuaga]] e foi correspondente do periódico ''Nosotros'' en Peñarroya. Publicou folletos na Editorial de Renovación Proletaria de Peñarroya-Pueblonuevo e noutras de Barcelona. Entre 1926 e 1927 viviu durante uns meses unha activa vida pública en [[Carlet]] alonxadoafastado da familia. Na República foi redactor de ''La Voz'' de [[Córdoba, España|Córdoba]]. Abandonou definitivamente Peñarroya-Pueblonuevo cara 1932. Convertido en activo propagandista republicano polos concellos de Córdoba, o desencanto sufrido logo dos [[sucesos de Casas Viejas]] e a [[folga xeral revolucionaria de 1934]] impulsárono á militancia no [[Partido Republicano Radical|Partido Radical]] de Lerroux, que o designou administrador de Arbitrios no concello de [[Cañete de las Torres]]. Alí foi asasinado por republicanos incontrolados a finais de agosto de 1936.
 
==Obras==