Diferenzas entre revisións de «Taxonomía»

alonxar > afastar
(Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8))
(alonxar > afastar)
O termo '''taxonomía''' foi creado en 1813 empregando a devandita grafía polo botánico suízo [[Agustin Pyrame de Candolle]] (1778-1841) na súa ''Teoría elemental da botánica'' ou exposición dos principios de clasificación natural da arte de describir e estudar os vexetais para designar na súa «teoría das clasificacións» o o método e o que el calificou como «bases da botánica filosófica».
 
Aínda que, como o método de [[Jussieu]], utiliza os binomios lineanos e preconiza o «método natural» oposto ó «sistema artificial» de Linneo, a taxonomía proposta por De Candolle alónxaseafástase pola importancia dada ós saltos. Mentres que para Linneo e Jussieu, a natureza «non dá saltos», Candolle insiste nas descontinuidades que están na base da noción de taxon, ó mesmo tempo entidade e división. O termo taxonomía é de uso corrente hoxe en día, pero en francés a súa grafía foi corrixida por Emile Littre a ''Taxinomía'', pero a outra grafía segue sendo moi utilizada en Francia, sobre todo grazas á súa conservación da tradución inglésa ''Taxonomy''.
 
Cando xurdiu a teoria da evolución a medidados do século XIX, comenzou a admitirse, tal e como propuxera Darwin, que o grao de parentesco entre os taxons (filoxenia) debía servir como criterio para a formación dos grupos. A publicación do seu libro ''Sobre a orixe das especies'' en [[1859]] estimulou a incorporación das teorías evolutivas na clasificación, proceso que aínda hoxe non rematou (de Queiroz e Gauthier 1992). Un paso crítico neste proceso foi a adquisición da perspectiva filoxenética, na que algúns científicos, como Willi Hennig (1913-1976), Walter Zimmermann (1892-1980) e Warren H. Wagner (1920-2000) e moitos máis, fixeron valiosas achegas. A bioloxía sistemática é a ciencia que trata de relacionar os sistemas de clasificación coas teorías sobre evolución dos taxons.
10.707

edicións