IAR 316: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 21:
== Desenvolvemento ==
IAR comezou a fabricar o IAR 316 en [[1971]] na súa planta preto de [[Brașov]], [[Romanía]]. A produción rematou en [[1987]]. Fabricáronse 250 unidades, 125 das cales foron para as forzas armadas romanesas que aíndan as usan no presente como adestradores. Algúns IAR 316 foron operados en roles civís tanto e Romanía como noutros países a onde se exportou o modelo, como [[Paquistán]], [[Angola]] e [[Guinea]]. O IAR 316 foi modificado para poder levar armas máis comúns no bloque oriental, como foguetes de 57 mm, metralladoras de 7,62 mm, e mísiles anti-carro. Un dos primeiros exemplares foi exhibido no [[Paris Air Show]] en xuño de [[1973]].
 
=== IAR 317 ===
O 317 foi un intento de IAR de facer un helicóptero de ataque aparte do IAR 316. Equipado co mesmo motor [[turboeixo]] [[Turbomeca Artouste]] IIIB fabricado baixo licenza, o IAR 317 contaba cunha cabina blindada en tándem para o piloto e o artilleiro. A pluma de cola e a fuselaxe traseira eran case idénticas ás do 316. Montáronse píos nos dous lados da fuselaxe para levar armas como foguetes, metralladoras ou mísiles. Foi chamado Airfox aínda que finalmente só se construíu un prototipo que participou no Paris Air Show de [[1985]].
 
[[Categoría:Helicópteros]]