Neotraguinos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiños
Liña 1:
{{Taxobox
| name = Neotraguinos<br>''Neotragini''
| image = Suni-Tygerberg Zoo.jpg
| image_width = 250px
Liña 33:
 
== Características ==
Do tamaño dunha [[lebre]], son antílopes de corpo delicado e compacto (agás ''[[Oreotragus oreotragus]]''), ser ''cristas'' no curuto da cabeza, de lombo arredondado. Só os machos presentan cornos, que son rectos, pequenos e rematados en punta. As orellas son máis ben curtas. O fociño está espido. Os pezuños interiores son estreitos e apuntados, e os laterais están xeralmente ausentes. Presentan glándulas preorbitais e nos pezuños, e carecen de glándulas inguinais. As ubres das femias teñen catro tetos.{{sfn|Haltenorth & Diller|1986|p=47.}}{{sfn|Dorst & Dandelot|1973|p=264.}}
 
== Taxonomía ==
Liña 66:
=== Taxonomía controvertida ===
 
Algúns [[mastozooloxía|mastozoólogos]] como, por exemplo, [[Theodor Haltenorth|Haltenorth]], consideran este grupo como unha [[subfamilia]] distinta, a dos ''Neotraginae''.<ref>Sokolov, Vladimir (1979): ''Taxonomy of Mammals'', vol. 3. Moscova: Vysshaya Shkola, pp. 402–403. {{ru}}.</ref>{{sfn|Haltenorth & Diller|1986|pp=47-49.}}
 
De máis trascendencia é o cambio proposto por Eva V. Bärmann, da [[Universidade de Cambridge]], e o seu colega Tim Schikora, do Centro de Investigación da Biodiversidade e o Clima de [[Frankfurt]]. Segundo estes autores, a pesar de que as especies de ''antílopes ananos'' se reuniron comunmente na tribo dos neotraguinos debido á súa aparencia [[morfoloxía (bioloxía)|morfolóxica]] xeral, as análises [[Filoxenia|filoxenéticas]] demostraron que non todos están estreitamente relacionados, polo que suxeriron restrinxir o nome de [[Neotragini]] ao xénero tipo ''[[Neotragus]]''. No seu estudo utilizaron secuencias do [[citocromo b]] [[mitocondria]]l e medicións lineais do cranio para investigar máis a fondo a similitude das tres especies de ''Neotragus''. Estas análises apoian a estreita relación de ''[[Neotragus moschatus|N. moschatus]]'' e ''[[Neotragus batesi|N. batesi]]''. Porén, ''[[Neotragus pygmaeus|N. pygmaeus]]'', a especie tipo —que nunca antes se incluira nas análises filoxenéticas— non está estreitamente relacionada. Segundo estes autores, podería compartir un antepasado común máis recente con outro "antílope anano", o ''[[Oreotragus oreotragus]]'', e cos [[duiqueros]] do [[taxon]] [[Cephalophini]]. Polo tanto, suxeriron resucitar o xénero ''[[Nesotragus]]'' Von Dueben, 1846 para ''[[Neotragus moschatus|Nesotragus moschatus]]'' e ''[[Neotragus batesi|N. batesi]]'', e deixando a ''[[Neotragus pygmaeus]]'' como a única especie do xénero.<ref>Eva V. Bärmann and Tim Schikora (2014): "The polyphyly of ''Neotragus'' – Results from genetic and morphometric analyses". ''Mammalian Biology'' '''79''' (4): 283-286.</ref>