Francisco de Quevedo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Fiz-g (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Fiz-g (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 25:
=== Caída e retiro ===
[[Ficheiro:Hostal de San Marcos Leon.jpg|miniatura|250px|dereita|Hostal de San Marcos, [[León, España|León]].]]
En [[1639]], con motivo do memorial aparecido baixo o pano do rei ‘‘Sacra, católica, cesárea, real Maxestade...’‘, onde se denuncia a política do Conde Duque, foi detido, confiscáronselle os seus libros e, sen apenas vestirse, foi levado ao frío [[convento de San Marcos de León]] ata a caída do valido e a súa retirada a [[LoeitesLoeches]] en [[1643]]. Mais Quevedo saíra xa do encerro, achacoso e moi enfermo, e renunciou á Corte para se retirar definitivamente na Torre de Juan Abad. Foi na súa veciñanza, e tras escribir na súa última carta que ''"hay cosas que sólo son un nombre y una figura"'', onde faleceu no convento dos pais Dominicos de Villanueva de los Infantes, o 8 de setembro de 1645. Cóntase que a súa tumba foi violada días despois por un cabaleiro que desexaba ter as esporas de ouro con que fora enterrado e que tal cabaleiro morreu días despois, en castigo por tal atrevemento.
 
As súas obras foron moi mal recollidas e editadas por José González de Salas, quen retocou os textos, en [[1648]]: ''El Parnaso español, monte en dos cumbres dividido, con las nueve Musas''; tamén moi mal feita é a edición do sobriño de Quevedo e destinatario da súa herdanza, Pedro Alderete, en [[1670]]: ''Las tres Musas últimas castellanas''.
Liña 36:
Cultivou tamén unha fina lírica cortesá realizando un [[cancioneiro]] [[Petrarquismo|petrarquista]] en temas, estilo e tópicos, practicamente perfecto en técnica e fondo, en torno á figura de Lisi, que non hai que identificar con ningunha dama concreta, senón cun arquetipo quintaesenciado de muller. Destacan sobre todo os seus sonetos metafísicos, onde expón o seu máis íntimo desconsolo existencial, e os seus salmos, onde revela unhas dúbidas relixiosas extremas, próximas ás veces ao descreimento absoluto do [[nihilismo]]. A visión que dá a súa filosofía é profundamente pesimista e de trazos preexistencialistas. O leito preferido para a abundante vea satírica de que fixo gala é sobre todo o [[Romance (poesía)|romance]], mais tamén a ''[[letrilla]]'' ("Poderoso Caballero es Don Dinero"), vehículo dunha crítica social á que non se lle esconden os motivos máis profundos da decadencia de España, e o soneto.
 
Abominou da estética do [[Culteranismo]], a cuxo líder, [[Luis de Góngora]], atacou violentamente en sátiras persoais. Contra a pedantería e escuridade que lle imputaba propúxose tamén editar as obras dos poetas renacentistas [[Francisco da Torre]] e [[FraiFrei Luis de León]].
 
== Obras ==
Liña 75:
 
* ''Discurso de todos los diablos o inferno emendado'' (1628), publicado nalgunhas versións como ''El peor escondrijo de la muerte'' e, a partir de 1631, na versión expurgada na que aparecen tamén os cinco ''Sueños'' cos títulos cambiados que se enumeran máis enriba, co título de ''El entremetido y la dueña y el soplón''.
* ''La hora de todos y la Fortuna con seso'', variación sobre o tema do mundo ao revés en que a Fortuna recobra o xuízo e dá a cada persoa o que realmente merece, provocando tan gran trastorno e confusión que o pai dos deuses debe volvelo todo aoá seusúa primitivoprimitiva desordendesorde.
 
A novela picaresca ''[[Historia de la vida del Buscón, llamado Don Pablos|Historia de la vida del Buscón, llamado Don Pablos; ejemplo de vagabundos y espejo de tacaños]]'' apareceu impresa en Zaragoza en 1626, mais existen tres versións máis da obra con grandes diverxencias textuais. O problema é complexo, pois todo parece indicar que Quevedo retocou a súa obra varias veces. A versión máis antiga é o manuscrito 303 bis (''olim'' Artigas 101) da Biblioteca de [[Menéndez Pelayo]] a causa do cotexo das variantes e a maneira en que uns testemuños se agrupan fronte a outros. A impresión de 1626 foi asumida, se non controlada, por Quevedo, segundo o propio autor declara no seu memorial ''Su espada por Santiago '' (1628) e a sinceridade das súas palabras é confirmada por outros datos, así que en realidade non pode sosterse que se fixera sen permiso do autor. Mais esta versión non foi a última, pois don Francisco volveu sobre ela para retocar algúns pormenores narrativos, amplificar o retrato satírico de varios personaxes secundarios e paliar as expresións que xulgaron irreverentes ou blasfemas os redactores de dous libelos antiquevedianos, o ''Memorial'' enviado á Inquisición contra os escritos de Quevedo (1629) e ''El Tribunal de la Justa Venganza'' (1635). Destes retoques dan fe os outros manuscritos.