Comarca da Limia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Bibliografía: Bot: Arranxos varios
Elisardojm (conversa | contribucións)
+foto
Liña 12:
|xentilicio =
}}
[[Ficheiro:Homenaxemullerlabrega.jpg|miniatura|Homenaxe á muller labrega ([[Sandiás]])]]
A '''comarca da Limia''' é unha comarca [[Galicia|galega]] situada na [[provincia de Ourense]] e a súa capital é [[Xinzo de Limia]]. A cal pertencen os concellos de [[Baltar]], [[Os Blancos]], [[Calvos de Randín]], [[Porqueira]], [[Rairiz de Veiga]], [[Sandiás]], [[Sarreaus]], [[Trasmiras]], [[Vilar de Barrio]], [[Vilar de Santos]] e [[Xinzo de Limia]].
 
[[Ficheiro:Vista da Limia.jpg|miniatura|esquerda|Vista da Limia.]]
A Limia é unha das comarcas naturais máis nítidas de Galicia. Está situada no centro da provincia de Ourense ocupando en gran parte unha ampla depresión tectónica de fondo plano, na cal estivo a [[lagoa de Antela]], desecada a partir do ano [[1958]]. Ten unha altitude media duns 600 metros, cunha topografía de [[chaira]] rodeada polo sur pola [[serra do Larouco]].
 
Os concellos que se inscriben nesta depresión son: Xinzo de Limia, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Vilar de Santos, Trasmiras e un pequeno sector de Os Blancos, xa fóra da depresión, o mesmo cós concellos de Calvos de Randín e Baltar, xa na [[serra do Larouco]]. No nordeste, o concello de Vilar de Barrio, xa comeza a situarse na [[depresión de Maceda]], así como nas [[serras centrais ourensás]].
 
[[Ficheiro:Homenaxemullerlabrega.jpg|miniatura|Homenaxe á muller labrega ([[Sandiás]])]]
A comarca ocupa unha extensión de 801,9 km² e tiña unha poboación de 21.964 habitantes no 2014 ([[IGE]]), cunha densidade de poboación de 27.39 habitantes por quilómetro cadrado. Arredor do 40% desta poboación concéntrase no concello de Xinzo de Limia. Esta comarca está a experimentar un forte proceso de despoboamento, sobre todo nos concellos situados nas zonas montañosas como o de Baltar e o de Calvos de Randín.