Diferenzas entre revisións de «Vera Slutskaya»

m
sen resumo de edición
mSem resumo de edição
mSem resumo de edição
[[Ficheiro:Vera Slutskaya1.jpg|miniatura|Vera Slutskaya co uniforme da [[Garda Vermella]].]]
Vera Klimentjevna Slutskaya (17 de setembro de 1874 - 12 de novembro de 1917) foi unha revolucionaria e membra do [[Bolxevique|Partido Bolxevique]] na [[Duma]]<ref>[[John Reed (journalist)|John Reed]], ''[[Ten Days that Shook the World]]'', Boni & Liveright, New York, 1919.</ref>. Participou tanto na [[Revolución de Febreiro]] coma na de [[Revolución de Outubro|outubro]]. Faleceu preto de [[San Petersburgo|Petrogrado]], no transcurso da [[Revolución de Outubro]], a causa de disparos feitos por [[cosacos]]<ref>[[Alexandra Kollontai]], ''[http://www.marxists.org/archive/kollonta/1927/fighters.htm Women Fighters in the Days of the Great October Revolution]'', in ''Zhensky zhurnal'', n. 11, novembre 1927, ''Selected Articles and Speeches''. Progress Publishers, 1984.</ref>.
 
O seu nome real era Bertha Bronislavovna, e naceu en [[Minsk]] no seo dunha familia xudea de clase media, cursando  estudos de [[odontoloxía]]. Vera Slutskaya participou no movemento revolucionario desde 1898. Tras unha detención, o [[Imperio Ruso|Estado Ruso]] inicia procesos penais contra ela, sendo arrestada en 1901 pola policía zarista. Ese mesmo ano ingresa no Partido Socialdemócrata Xudeu, que era unha organización autónoma dentro do [[Bolxevique|Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso (RSDLP)]]. A partir de 1902 participa realizando tarefas organizativas no RSDLP. Durante a [[Revolución Rusa de 1905|Primeira Revolución Rusa]] de 1905-1907, foi membra da organización de combate do RSDLP, participando na loita revolucionaria en Minsk e Petrogrado.  Após ser delegada no Quinto Congreso do RSDLP (1907), permaneceu en [[Rusia]] e dirixiu diversos traballos pra o partido en [[San Petersburgo]].
 
Morreu durante o enfrontamento armado co xeneral Krasnov o 12 de novembro de 1917, na área de Pulkovo, debido ao impacto directo dun proxectil cando transportaba medicamentos ás unidades da [[Garda Vermella]]. Vera Slutskaya está enterrada en San Petersburgo no cemiterio Preobrazhenskoye.
 
== Referenzas ==
<references group=""></references>
64

edicións