Esqueleto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Ortopedia: +trad. ca.wiki
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Ortopedia: +trad. ca.wiki
Liña 193:
 
Durante a [[Idade media]], período de transición entre Galeno e os árabes, hai que destacar [[Pablo de Exina]], século VII, que culminou os seus esforzos no seu ''Sétimo libro'', e foi a través del que os árabes recibiron o seu coñecemento da medicina grega e romana. Os seus tratados reeditados de maneira constante foron durante séculos os textos que exercían a influencia dominante na literatura médica. No seu libro VI atópanse importantes referencias ás fracturas e luxacións. Describe a fractura da rótula, o seu tratamento e os seus consellos utilizáronse até a chegada da técnica cirúrxica no século XIX.<ref>{{cita web| nome=José L|apelido=Bado|url= http://www.smu.org.uy/dpmc/hmed/historia/articulos/hist-ortopedia_bado1965.pdf |formato= PDF|título= Historia de la ortopedia|lingua=castelán|páxinas= 6|dataacceso=27 de febreiro de 2012}}</ref>
Da Escola de Salerno chéganos Roger de Parma, que escribiu o primeiro gran libro de texto sobre cirurxía que ten a literatura médica de occidente. Este libro apareceu ó final do século XII, e está dominado pola influencia grega e árabe, e nel atópanse descritos numerosos capítulos referentes aoó diagnóstico das fracturas, ó seu tratamento, ás lesións do coiro cabeludo, ás fracturas de cranio, etc.<ref name="smu02">{{cita web|nome=José L|apelido=Bado|url=http://www.smu.org.uy/dpmc/hmed/historia/articulos/hist-ortopedia_bado1965.pdf|formato=PDF|título= Historia de la ortopedia|lingua=castelán|páxinas= 7|dataacceso= 27 de febreiro de 2012}}</ref> A escola de Salerno foi seguida pola de Bolonia onde destaca Guglielmo de Saliceto. No século XIV atopamos a [[Guy de Chauliac]], profesor na Universidade de Montpellier, no seu libro ''La Grande Chirurgie'', describe por primeira vez o uso de pesas e poleas para a tracción continua no tratamento das fracturas de [[fémur]].<ref name="smu02"/>
 
A introdución da bala de canón na [[batalla de Crécy]], en 1346, marcou o comezo dun novo tipo de lesións do sistema esquelético, non só máis extensas e máis graves, senón tamén máis numerosas. Isto trouxo como consecuencia o nacemento dunha preocupación máis grande nos exércitos por unha asistencia médica axeitada.<ref>{{cita web|nome=José L|apelido= Bado|url= http://www.smu.org.uy/dpmc/hmed/historia/articulos/hist-ortopedia_bado1965.pdf|formato=PDF|título= Historia de la ortopedia|lingua=castelán|páxinas= *8|dataacceso= 27 de febreiro de 2012}}</ref>
 
{{Recadro
|largo = 350px
|título = [[Ficheiro:Skull-Icon.svg|40px]] A palabra ortopedia
|contido=A orixe da palabra ''*ortopedia'' data do seu uso como título dun tratado publicado en 1741 por Nicolás Andry, profesor de medicina da Facultade de París.
 
Resume o significado de dúas raíces latinas: ''ortos'' (dereito) e ''pedi'' (neno), para expresar a súa crenza de que moitas das deformidades do adolescente e o adulto tiñan a súa orixe na infancia.<ref name="smu">{{cita web|nome=José L|apelido= Bado |url= http://www.smu.org.uy/dpmc/hmed/historia/articulos/hist-ortopedia_bado1965.pdf|formato= PDF|título= Historia de la ortopedia|páxinas= 11|lingua=castelán|dataacceso= 27 de febreiro de 2012}}</ref>}}
 
No [[Renacemento]] séntanse as bases polo impulso da ciencia médica, o século XVII caracterízase polo auxe das investigacións anatómicas e o século XVIII o progreso logra niveis singulares: é neste período no que en realidade a cirurxía ortopédica estableceuse como unha rama da medicina, requirindo para si unha actividade especializada e independente, a aparición do primeiro libro no cal algúns dos problemas básicos da ortopedia foron agrupados nun capítulo especial e considerados con especial atención por un profesor de medicina, e o segundo, a creación da primeira clínica destinada exclusivamente ó tratamento de mutilados (o hospital de Orbe, Suíza, inaugurado o 1790 por Juan André Venel).<ref name="smu"/>
 
== Na cultura popular ==