A morte na cultura popular galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Jglamela (conversa | contribucións)
Arranxos
Liña 1:
[[Ficheiro:A Cruz torcida.jpg|miniatura|250px|Home fronte a unha cruz no cemiterio de [[Liáns, Oleiros|Santaia de Liáns]], [[Oleiros]].]]
As diferentes actitudes ante a '''[[morte]]''' —propia ou dun ser querido— responden, o mesmo que noutros momentos transcendentais da vida, ás diversas opcións [[Relixión|relixiosas]] e [[Filosofía|filosóficas]] de cada quen, pero tamén ó contexto social no que se vive{{Cómpre referencia}}. A [[Galicia]] rural, ata hai ben pouco claramente diferente da Galicia urbana, baseábase nunha estrutura de cohesión do grupo social, neste caso o lugar ou a [[Parroquia eclesiástica galega|parroquia]], cun sistema de colaboración e axudas mutuas firmemente establecido tanto no seu modo de entende-la vida como no seu modo de enfrontarse á morte. As tradicións e prácticas ritualizadas ó redor do momento da morte dun veciño, tantas veces deostadas como simples [[superstición]]s, tiñan un significativo valor afectivo e humano, e estaban destinadas a asumir ese momento, a alivia-la dor dos familiares e a fortalece-los lazos que unían ós membros da parroquia ó redor da persoa que falecía e da súa familia.
 
Liña 8:
::''O campesiño galego nega que a morte sexa o fin. Cre que vivirá eternamente no Alén e cre nun tránsito ininterrompido, sen rupturas, entre esta vida e a outra'' (MARIÑO FERRO:439).
 
Entende-la morte desde un ou outro punto de vista responde, como xa se dixo, a criterios relixiosos, principalmente, ou filosóficos pero, sexa como for, vai explica-las grandes diferenzas no tratamento social que se lle vai dar a ese momento e na asimilación das súas consecuencias, tanto por parte do suxeito que morre como por parte do entornoambiente familiar e social que o sobrevive.
[[Ficheiro:Cemiterio Lians Oleiros Galicia.jpg|miniatura|Cruz nun cemiterio dunha parroquia rural|esquerda]]
 
Liña 17:
* '''o pasamento''': momento no que ocorre a morte e presentación do corpo.
* '''o velorio''': o grupo social vén despedi-lo seu familiar ou o seu amigo, á vez que manifesta á familia que non está soa.
* '''[[Funeral|o enterro]]''': a familia e os amigos acompañan óo morto á súa última morada e danlle terra.
* '''a lembranza''': a vida segue e os que se foron se instauran na memoria dos que quedan.
 
== A morte anunciada ==
Unha das características máis específicas da diferente concepción ante a morte entre o medio rural e o urbano é a preferencia no primeiro por unha morte lenta e anunciada, que permita certa preparación espiritual e poder deixar solucionadas as últimas vontades, fronte á morte rápida, súbita, á que se aspira no segundo caso. Esta distinción dá pé ós conceptos de ''morte morrida'' —a que sería por morte natural— fronte a ''morte matada'', porque ''unha boa morte é a mellor sorte'' <ref>A [[cruceiro|cruz]] que se adoita colocar no lugar onde se produciu unha morte violenta, para pedi-las oracións dos transeúntes, obedece á crenza de que, por non recibi-los sacramentos, a ánima de quen morreu estará probablemente no purgatorio. Hoxe en día, segue facéndose isto mesmo en moitos casos de mortes en accidentes de tráfico.</ref>.
 
::''Ó campesiño galego resúltalle inquietante a morte imprevisible. E a morte repentina. Estiman boa morte a que dá tempo a recibi-lo sacramento e a face-lo testamento que asegure a paz na familia. Pola contra, temen a morte violenta ou por accidente que non lles permita prepararase'' (MARIÑO FERRO:441).
Liña 27:
=== Agoiros da morte ===
[[Ficheiro:Exvotos.jpg|miniatura|250px|Exvotos no castelo de Sobroso, Mondariz.]]
En calquera caso, crese firmemente en que a morte sempre avisa, o que permite prepararse para ese momento, e iso axuda a minora-la angustia da ameaza constante da morte. O conto é saber capta-los anuncios que nos envía. Estes avisos chegan por distintas vías: [[ánima]]s <ref>Existe certo matiz que distingue as almas e as ánimas: este termo aplícase especialmente ás almas que aínda están no purgatorio.</ref> ou espíritos que se achegan a quen vai morrer ou a alguén do seu entornocontorno (o caso máis coñecido sería o da [[Santa Compaña]]); a propia morte que vén advertir óo futuro defunto, antes de vir buscalo definitivamente; ou mediante outros sinais emitidos, normalmente, por distintos animais. Tamén se interpretan así outros feitos inexplicables, como o toque dunha campá sen que ninguén a tanxa, a coincidencia do son das campás de dúas parroquias, que se apague un cirio no funeral ou o cheiro a cera ou a aceite nunha encrucillada ou dentro da casa. Verte-lo [[sal común|sal]] na mesa pode considerarse só agoiro de mala sorte ou mesmo unha maior desgraza <ref>Mariño Ferro afirma que no cadro ''A derradeira cea'', de [[Leonardo da Vinci]], pode observarse un saleiro envorcado na mesa, anunciando a inminente morte de Xesús.</ref>, así como escoitar golpes na porta ou na ventá (que se explican como [[ánima]]s que veñen petar na porta para entrar na casa). Crese, finalmente, que as ánimas dos familiares emigrados ou que viven lonxe poden vir facernos unha última visita de despedida xusto no instante no que morren.
 
::''Porque a miña vida cóntase por días ou cicais por horas. Non tardarei en comer terra. Avisoume a Morte, ¿sabendes? Ela mesma. Cando chegamos cabo da eirexa, ollei un corvo e mais unha pomba, e aquilo non me gostou. Entón o pantasma mirou para min e a lúa bateulle na cara. ¡Éravos a Morte! E faloume desta maneira: "Eu son o que che vai poñe-lo sangue frío como unha pedra; esa pomba é a túa vida e ese corvo é o teu namoramento serodio. Prepárate porque un día destes irei a buscarche"'' (CASTELAO: ''Os vellos non deben de namorarse'', 535).
 
A capacidade de percibir este tipo de avisos non é común e crese que algunhas persoas son máis propensas que outras. Son os ''vedoiros'', que poden chegar a ''ver'' o enterro tal como se vai producir, recoñecendo tanto óo morto como ósos que o acompañan.
 
Entre os animais que agoiran unha desgraza, os anuncios de morte máis recoñecidos son <ref>En [[Portugal]] cren que soñar cun touro anuncia unha desgraza ou morte inminente (MAÇAS: 312).</ref>:
[[Ficheiro:Corvus corax (Pcb21).jpg|miniatura|250px|Un corvo, agoiro de morte]]
* Ver un [[corvo común|corvo]] no camiño ou nas proximidades da casa, por ser [[negro (cor)|negro]], por comer carniza e polo seu berro agudo e característico. Por iso, cando se vexa hai que dicirlle: "''Corvo agoireiro, vaite lixeiro, que nesta porta non hai carne morta''" <ref>Segundo Mariño Ferro, esta crenza xa fora recollida por [[Plinio o Vello]].</ref>.
* O canto do [[moucho común|moucho]], da [[curuxa]] ou doutras aves rapaces nocturnas. O canto lúgubre destas aves remeda os xemidos e o pranto. O moucho agoira unha morte próxima cando vén cantar enriba da casa de alguén ou nas árbores próximas<ref>Por veces, o propio moucho interprétase como personificación da morte: ''Eu ben vin estar o moucho/ encima dun gacio de uvas,/ vaite daí morte negra,/ desamparo das viudas''. E chega a toma-lo nome do que se cre agoira: ''paxaro da morte''.</ref>.
* A [[galiña]] que canta coma o galo. Crese que as galiñas vellas cantan como o faría un galo, polo que tal feito, propio da vellez, agoira a morte. Para espanta-lo agoiro hai que dicir: ''Pasa, mala cousa, pasa,/ San Xuan bendiga nuestra casa/ cunha palanca/ por riba da casa'' <ref>RODRÍGUEZ LÓPEZ:113.</ref>. Outras informacións van máis lonxe e aconsellan que cando tal aconteza hai que mata-la galiña de contado e, deste xeito, a desgraza que agoiraba recaerá sobre ela. Rivas Quintas engade que, á vez que se lle retorce o pescozo, hai que dicirlle: ''Morte por morte, en ti cai a sorte'' <ref>RIVAS QUINTAS: s. v. ''morte''.</ref>.
* O ouveo dos [[can]]s ou do [[raposo]], porque lembran os prolongados choros da familia durante o velorio e no enterro. Se se escoita ouvear un raposo de noite sábese que está próxima a morte dalgún veciño. Outras informacións matizan máis: ver un raposo en xexún é sinal de bo agoiro, pero se é unha raposa é sinal dunha desgraza próxima.
 
Liña 43:
* A presenza de [[bolboreta]]s nocturnas, brancas (algunhas fontes din que as negras), voando ó redor dunha persoa ou da luz da casa. Moitos cren que as tales bolboretas son as propias ánimas.
 
En [[Arcos, Cuntis|Arcos de Furcos]] (Cuntis, Pontevedra), crese que cando morre un cura nacido na parroquia, doce veciños máis morrerán antes de cumprir un ano <ref>http://www.galiciaencantada.com.</ref>.
 
=== Ofrecidos ===
Cando alguén sufría unha longa [[enfermidade]] que os médicos non daban curado, de modo que se lle vía irse consumindo pouco a pouco e sen remedio, os seus familiares ofrecíano a un [[santo]], ó [[Nazareno]] ou á [[Virxe María|Virxe]]. Este ofrecemento consistía en comprometerse a realizar algún tipo de sacrificio, ritual ou peregrinación a modo de expresión pública de agradecemento á intervención divina se se conseguía a curación. Son coñecidas, neste sentido, as procesións das mortallas que se celebran na [[A Pobra do Caramiñal|Pobra do Caramiñal]] (A Coruña) o terceiro domingo de setembro con ocasión do Nazareno, ou en [[San Xosé de Ribarteme, As Neves|Ribarteme]] (As Neves, Pontevedra) <ref>"Las mortajas relegan a los féretros en la procesión de Ribarteme", en ''La Voz de Galicia'', 30.07.2007.</ref>, con ocasión de Santa Marta (o [[29 de xullo]]). Nestas procesións, os ofrecidos, quen fixo o ofrecemento ou ámbolos dous vestían hábitos relixiosos ou acompañaban un féretro trala imaxe do santo, que simbolizaba o que tiñan preparado para el.
::''Agora atopámonos a carón de Pedriño, que salvou da morte por verdadeiro miragre. Máis de dous meses estivo no leito, sen dar azo de si, a pique de que se lle desvencellase a ialma. A tía Ádega ofereceuno a Santa Comba, i entón Pedriño abriu os ollos e dixo: "Miña tía, déame auga". [...] Desque pasou tempo de abondo para que Pedriño volvese ó seu ser, a vella determiñou cumpli-la promesa feita, con toda solenidade. O rapaz iría vestido de San Xosé, co mesmo hábito con que a tía pensaba adobialo para descer á cova. [...] Abreuse a porta da casa e saíu primeiro un ataúde branco con guirindolas de frores. Dispois asomou Pedriño co hábito verde [...], na man o varal frorecido do santo. A tía Ádega viña detrás, a chorar, levando unha vela rizada'' (CASTELAO: ''Os dous de sempre'', 295-296).
 
=== Preparación da familia ===
Ante a inminencia do momento da morte, perdida xa toda esperanza, a familia comeza a preparar óo moribundo a afronta-lo pasamento, á vez que se prepara ela mesma ante a nova situación na que se vai ver a partir dese momento. Familiares e veciños comezan a mobilizarse para axudar e comunica-lo acontecido. Uns avisan óo [[abade]] da parroquia para que veña darlle o [[Viático]]. Outros avisan óo resto dos veciños e ósos familiares que viven lonxe. Outros comezan a prepara-la casa para recibi-la visita dos veciños.
 
=== Preparación do moribundo ===
[[Ficheiro:Extreme Unction Rogier Van der Weyden.jpg|miniatura|200px|O moribundo recibindo a Extrema Unción (Roger van der Weyden: ''Os sete sacramentos'' (1445))]]
Para axudar a ''ben morrer'' ó moribundo colócanlle ''cousas santas'', sobre el ou ó seu carón: [[crucifixo]]s, estampas, escapularios, cirios acendidos (con especial preferencia os que foron bendicidos o [[Xoves Santo]] ou o día das Candeas <ref>''As Candeas'', ou a Candeloria, celébranse o 2 de febreiro.</ref>) <ref>FERRO RUIBAL:183.</ref> e roupas relixiosas. Resulta habitual recorrer a cubrilo cun hábito de San Francisco, se quen morre é home, ou un manto da Virxe, se é muller. O crego lévalle o viático (etimoloxicamente, as provisións que se lle dan a alguén para a súa viaxe) e dálle a Extrema Unción <ref>En [[Viana do Bolo]] chaman "''a espora''" a este sacramento, lembrando a espora que calza o cabaleiro cando comeza unha viaxe.</ref>.
 
En [[Moraña]] (Pontevedra) crese que cando a agonía se prolonga moito é porque o moribundo ten unha débeda pendente con alguén. Sábese porque cando chega esta persoa ó seu carón prodúcese a morte ó pouco tempo, o que se explica como se estivese esperando por el para que o perdoase antes de morrer <ref>Gran Enciclopedia Galega: s. v. ''agonía''.</ref>.
 
== O pasamento ==
Liña 68:
O primeiro coidado que se debe ter co defunto é pecharlle os [[ollo]]s, porque se cre que se quedan abertos ''van chamando'' por outra persoa da familia para que o acompañe na viaxe ó outro mundo. Tamén hai que pecharlle a [[boca]], atando o queixo cunha cinta ou cun pano, branco nuns sitios, negro noutros. Unha vez que o cadáver estea ríxido xa se pode quita-lo pano, operación que chaman ''desempanicar''.
 
A preparación do [[cadáver]] comezaba co lavado do seu corpo (no caso dos homes, afeitábannos) como preparándoo para unha longa viaxe ou unha visita importante. Tamén lle tapaban tódolos orificios do corpo, con [[liño]] ou [[algodón]], co que se pretendía pechar calquera camiño que puidese permitir ben que a alma retornase ó corpo, ben que lle entrase o ''Mal'' .<ref>O demo, o mesmo que as enfermidades, entran no corpo polos orificios naturais.</ref>. A seguir procedíase a vestilo coa ''mortalla''. A tal fin recorríase á mellor roupa que tivese o defunto, por veces o traxe co que casou, noutros casos cun hábito de San Francisco ou da Virxe, ou ben, se se trataba dunha familia pobre, envolto nunha tea branca. Cítase o caso de ir vestido cun traxe novo, feito con antelación e gardado especialmente para esta ocasión. En [[Castro Caldelas]], eran homes os que amortallaban ásas mulleres, e estas ósos homes .<ref name="MARIÑO FERRO:442">MARIÑO FERRO:442.</ref>.
 
::''Morrín antre cobertores como morren acotío os bos homes, e ben afeitado e ben peiteado e co meu traxe dos días de festa fun para debaixo dos terróns'' (CASTELAO: ''Un ollo de vidro'', 42).
Liña 74:
::''Antonte leváronlle o viático ó vello e onte morreu. A compañeira dos seus días visteuno, afeitouno e púxolle as mans en cruz'' (CASTELAO: ''Cousas'', 105).
 
Sobre o cadáver colocábanse unhas tesoiras, unha peza de aceiro, un prato con sal e un peite. Con estes obxectos buscábase ''couta-la gangrena'', que o corpo non inche e protexelo contra o [[demo]]. O peite parece vir dun antigo costume de gardar algúns pelos do morto e colocalos nas fendeduras das paredes, como axuda a que as ánimas se orienten mellor cando volvan. Nos [[Comarca dos Ancares|Ancares]], colocábanlle tamén unha fouce. En [[Monfero]], paraban tódolos reloxos da casa .<ref name="MARIÑO FERRO:442"/>.
 
=== Preparación da casa ===
Tamén había que acondiciona-la casa, especialmente a habitación na que se exporá o cadáver: normalmente o dormitorio, noutros casos a sala máis ampla da casa .<ref>Nos Ancares, no hórreo.</ref>. Cando se expoñía dentro da caixa, esta se colocaba no chan, sobre un pano negro.
 
O corpo colocábase sobre o leito –outras veces sobre unha mesa-, coas mans cruzadas no peito; en [[Loureses, Aguís, Os Blancos|Loureses]] (Aguís, Os Blancos, Ourense) atábanlle o brazo dereito á perna esquerda e o brazo esquerdo á perna dereita, por crer que esta postura cos brazos en cruz protexía o morto do demo. Ó lado do corpo, un caldeiro con auga bendita e unha rama de [[loureiro]]. Tamén se adoitaba botar sal no chan da habitación para escorrenta-lo demo e abrir unha ventá para que a alma teña por onde saír e non darlle ocasión de introducirse no corpo dalgún dos presentes producíndolle o ''asombramento'' ou ''aire de morto''.
{{cita|''Allí estaba, rígido sobre el lecho que había sido tálamo nupcial bien poco tiempo. Dentro del traje (de rigurosa fiesta) en que lo habían metido, su delgadez se acentuaba con aspecto macabro. Las paredes de la reducida habitación, recubiertas de paños negros, prestaban tintes severos al cuadro que rellenaban las figuras de unas cuantas mujerucas que, arrodilladas, desgranaban las cuentas de un rosario por el descanso de su alma...''|Manuel Ponte: "Velatorio de aldea", en ''Alma Gallega'' 1927, px. 32-33.}}
Na casa na que hai un cadáver non pode estar ningún meniño a durmir no momento de move-lo corpo dunha habitación a outra porque podería colle-lo ''aire de morto'' .<ref name="ReferenceA">LIS QUIBÉN:269, RODRÍGUEZ GONZÁLEZ: s. v. ''morte''.</ref>.
 
=== O anuncio á comunidade ===
[[Ficheiro:San Pedro de Rocas, Esgos.JPG|miniatura|250px|Espadana de San Pedro de Rocas, Esgos (Ourense)]]
Mentres uns fan todos estes labores, outros encárganse de comunica-la morte a tódolos veciños da parroquia. Esta comunicación podía ser persoal, de porta en porta, ou mediante o toque das campás da igrexa. Nas aldeas, a noticia do pasamento apóiase tamén nas esquelasnecrolóxicas colocadas en lugares habituais (e, actualmente, na prensa e radio). Cando as campás ''tocan a morto'', o número e ritmo das badaladas –variable en cada parroquia- informaba do sexo e idade de quen faleceu: tres toques seguidos, cunha pausa, anunciaban a morte dun home; dous, a dunha muller .<ref>MARIÑO FERRO:442. Localízao en [[Arzúa]].</ref>.
 
::''Aínda hai máis na paisaxe, pois tocan a morto no campanario da eirexa e o son é tan amargurado coma se batesen a campá coa mesma cabeza do morto e non adeviñamos en cal casa do lugar hai desgracia porque todas, todas, están tristes'' (CASTELAO: ''Cousas'', 65).
Liña 94:
{{cita|''En el bajo, la escena era bien diferente. Reunidos en torno a la lareira familiar había como unos diez o doce paisanos, viejos los más, que dedicadas unas breves palabras de cumplido al fallecido, charlaban ahora de ferias y cosechas en animado parrafeo sostenido por dous netos de caña que en ventruda jarra se divisaba sobre la artesa.''|Manuel Ponte: "Velatorio de aldea", en ''Alma Gallega'' 1927, px. 32-33.}}
 
Non era raro que ás poucas horas de velorio comezasen a aparecer barallas e vasos de [[viño]] ou [[augardente]], e mesmo xogos diversos, habituais ata os anos vinte do pasado século XX, que chegaban a incluír óo morto (xogos de prendaspezas de roupa, nos que tiñan que ir coller algunha prendapeza ou calzado do morto, ou nos que as mozas que perdían tiñan que ir bicalo <ref>ALONSO ROMERO:75.</ref>). Os xogos de cartas eran máis habituais.
 
=== O abellón ===
Liña 112:
::::''E o gando e o ligón para labrar''
 
Suxeriuse que este baile podería estar relacionado coas [[abella]]s que eliminan os cadáveres da colmea. Pode atoparse un precedente deste baile ritual nos tímpanos dalgunhas igrexas [[románico|románicas]], nos que se representa a "danza da morte": un [[esqueleto]] toca un instrumento mentres dúas ou máis persoas danzan ó seu redor .<ref>Enciclopedia Galega Universal: s.v. ''abellón''.</ref>.
 
== O enterro ==
Liña 121:
=== A despedida ===
[[Ficheiro:William-Adolphe Bouguereau (1825-1905) - The Day of the Dead (1859).jpg|''O día da morte'', [[William-Adolphe Bouguereau]]|miniatura]]
Nese momento liberábase toda a tensión e a familia e as mulleres presentes rompían a chorar despedindo óo morto e louvando a berros as súas virtudes. Chamábase a isto ''face-lo pranto''. Habitualmente, as mulleres da casa quedaban nela, logo de despedir óo defunto desde a porta ou desde as ventás.
 
::''Estamos no intre en que se celebra o enterro do boticario, e da rúa xurden marmurios de moita xente. Ábrense as fiestras e aparecen as catro irmáns do boticario, dúas en cada fiestra, a faceren o pranto'' (CASTELAO: ''Os vellos non deben de namorarse'', 489).
Liña 127:
::''Entraron catro homes e sacaron a caixa longa onde vai o morto. A vella saíu á porta e, coa voz amorosa dos días de mocedade, despideuse do seu compañeiro. '¡Deica logo, Eleuterio!' '' (CASTELAO: ''Cousas'', 105).
 
Como antes, tíñase a precaución de que non houbese ningún meniño nin muller preñada durmindo na casa no momento de saca-la caixa para o [[cemiterio]] ,<ref name="ReferenceA"/>, e incluso evitaban que estivesen presentes nese momento. Tamén, cando o morto era o cabeza de familia, adoitábase saca-lo [[gando]] das cortes porque se cría que o morto, dono do gando, podía ''levar mau del'' .<ref>LIS QUIBÉN:316, RODRÍGUEZ GONZÁLEZ: s. v. ''facenda'', RODRÍGUEZ LÓPEZ:194.</ref>. Outra crenza relacionada co gando é a de non utilizar nunca a porta principal para mete-los [[porco]]s mercados na [[feira]], porque esa era a porta pola que sacan os defuntos .<ref>RODRÍGUEZ GONZÁLEZ: s. v. ''corda''. [[Manuel García Barros|García Barros]] recolle esta mesma crenza nun dos seus ''Contiños da terra'': "''Chegou á casa, meteunos pola porta da eira pois pola do quinteiro non é ben, que é por onde saien os defuntos''" (GARCÍA BARROS: 21).</ref>.
 
=== O acompañamento ===
A orde da comitiva era a seguinte: primeiro un rapaz tocando unha campaíña, logo o [[sancristán]] coa cruz da parroquia, a seguir ía o [[cadaleito]] portado por catro homes, que se intercambiaban cada pouco. Detrás ía o [[cura]] ou curas rezando responsos e, finalmente, a familia, os amigos e os veciños. En [[Trasparga, Guitiriz|Trasparga]] ([[Guitiriz]]), o gando que posuía o morto ía diante do enterro .<ref>RODRÍGUEZ GONZÁLEZ: s. v. ''facenda'', RODRÍGUEZ LÓPEZ:194.</ref>. Durante o camiño ó cemiterio ,<ref>Que, en [[Comarca de Valdeorras|Valdeorras]], seguía exactamente o mesmo camiño polo que o morto acudía normalmente a misa.</ref>, as mulleres continuaban chorando e despedindo óo morto. Había mulleres que eran contratadas especificamente para facelo, as ''carpideiras'', ''choradeiras'' ou ''pranxideiras''. Adoitaban parar nos [[cruceiro]]s que houbese no camiño e pousaban a caixa para que o [[sacerdote|crego]] botase un responso, segundo o solicitasen os asistentes botándolle unhas moedas no cubo da auga bendita.
 
Cando o morto era un neno, había música alegre. Cando se trataba dun mozo ou moza solteiros, os que carrexaban a caixa enlentecían a marcha ó aproximarse á igrexa, e daban tres pasos adiante e un ou dous atrás, nun significativo intento de prolonga-la súa estancia neste mundo<ref>Costume recollido en diferentes lugares de Ourense: A Grova, Galez, Seixo, San Facundo e Seoane ("A festa dos mortos, en ''La Voz de Galicia'', 2.11.1988).</ref>.
Liña 136:
=== A inhumación ===
[[Ficheiro:Lateral da Igrexa de Santa María de Darbo, Cangas do Morrazo.JPG|miniatura|esquerda|250px|Igrexa de Santa María de Darbo, Cangas do Morrazo (Pontevedra)]]
O enterramento facíase no adro da [[igrexa (arquitectura)|igrexa]], ''en sagrado''. Xa desde tempos dos [[Imperio Romano|romanos]] era habitual que os cristiáns enterrasen os seus mortos cerca das tumbas dos seus mártires, primeiro nas [[catacumba]]s e, logo, no interior das igrexas. Co tempo, pasaron a facelo ó redor destas ata que a finais do [[século XVIII]] prohibiuse esta práctica e creáronse os cemiterios parroquiais ou municipais. No momento de baixa-la caixa á cova repetíanse os choros e lamentos, despedindo definitivamente óo familiar ou veciño. Algúns botaban presas de terra sobre a caixa logo de bicala.
::''Ó mesmo tempo que eles íban chegando ó Campo Santo, iña chegando tamén o enterro, rompendo a marcha o estandarte negro e algo furado da parroquia, o crego i as mulleres que lle facían o pranto, turrando, turrando polos pelos como si fosen cousa allea, berrando hastra enroucare e agarrándose á tomba de tal maneira que non deixaban andar ós que a levaban'' ([[Rosalía de Castro]]: ''[[Conto gallego]]'')<ref>O relato é ''Conto gallego'', do que se pode ler o [[:s:Conto gallego|texto íntegro]].</ref>.
 
Hai constancia do propósito da igrexa [[catolicismo|católica]] para acabar con este costume, xa desde os concilios bracarense e primeiros composteláns porque "''es cosa que no place à Dios''". En [[1740]], tras ser informado o arcebispo de [[Santiago de Compostela|Compostela]] de que nos enterros "''concorren todos os descendentes e deudos dos defuntos a chorar a súa morte, máis por estilo e práctica que por dolor dela, o cal afectan con desmesurados berros e accións descompostas, facendo demostracións de querer sepultarse co defunto, con cuxo motivo prorrumpen en ridículas expresións''", ordenou ós [[párroco]]s que multasen a quen así se comportase con catro reais na primeira vez, con oito a segunda e, de reincidir, que se deixase sen dar terra ó defunto ata que as carpideiras se retirasen .<ref>GARCÍA RAMOS: 24.</ref>.
 
Críase que o pano mortuorio sobre o que se colocaban os cadáveres na igrexa adquiría virtudes [[curación|curativas]] para os enfermos, ós que se lles facía o chamado ''aventamento'': deitábase o enfermo no chan e batíase o pano sobre el, colléndoo entre catro persoas .<ref>RODRÍGUEZ GONZÁLEZ: s. v. ''aventamento''</ref>.
 
=== O regreso ===
Liña 151:
 
[[Bernardo Barreiro]] recolle esta descrición das enchentes que se celebraban no [[século XVI]] para celebra-lo [[Día de Defuntos]]:
::''Os notables da parroquia, dentro da capela, xantaban e bebían a fartar en altares convertidos en mesas para a ocasión. Os pobres, entrementres, preparaban castañas no adro mentres agardaban a xenerosidade dos principais'' .<ref>"Crónicas da parroquia dos mortos", en ''La Voz de Galicia'', 2.11.2002. Bernardo Barreiro recolle a testemuña do bispo de Mondoñedo Antonio de Guevara, en 1551.</ref>.
 
Xa de volta de cemiterio, cumpría tomar certa precaucións para evita-lo ''aire de morto'', como purifica-las roupas que vestían facéndoas pasar por riba do [[lume]] (en [[Campo Lameiro]]), ou pasar tamén os nenos (en [[Isorna, Rianxo|Isorna]] e [[Leiro, Rianxo|Leiro]], parroquias de [[Rianxo]]). Igualmente, ás doce da noite, varríase a casa doce veces para eliminar calquera posible pegada do morto.
Liña 167:
O día de defuntos, [[2 de novembro]], dá nome ó propio mes: ''mes morto'' ou ''mes dos mortos'' e constitúe unha data moi significativa dentro do [[calendario]] litúrxico galego. Os camposantos énchense de familiares que van acondiciona-la lousa ou o nicho, levan flores e rezan ó seu pé. Na [[lareira]] da casa colócanse cirios ou lámpadas de aceite polas ánimas dos mortos.
 
En [[Cambados]], crese que o día de defuntos non se debe ir ó mar para evitar coller mortos ou os seus restos na rede .<ref>LEIRO LOIS:32.</ref>.
 
=== O tizón de Nadal ===
{{Artigo principal|Tizón de Nadal}}
Na [[noiteboa]] e no día do [[Nadal]] adoitaba colocar na mesa un servizo máis para as ánimas que puidesen vir —dos familiares mortos ou calquera outra que fose de camiño—, ou deixábase a mesa sen recoller para que tivesen comida ó seu alcance. Limpábase a lareira con especial coidado de non deixar cae-la cinsa e deixábase un leño no lume para que se viñesen quentar .<ref>FRAGUAS:102</ref>. Era o ''[[tizón de Nadal]]'' ou ''lume novo'', que logo se conservaba como protector contra o raio; na zona de [[Tui]], este mesmo costume seguíase o día de defuntos .<ref>RODRÍGUEZ GONZÁLEZ: s. v. ''día''.</ref>.
 
=== As ánimas que volven do Alén ===