Diferenzas entre revisións de «Joaquín Mosquera»

formato
(formato)
{{Biografía}}
'''Joaquín Mariano de Mosquera-Figueroa y Arboleda-Salazar''', máis coñecido como '''Joaquín Mosquera''', nado en [[Popayán]] o [[14 de decembro]] de [[1787]] e finado na mesma vila o [[4 de abril]] de [[1878]], foi un [[xurista]], [[militar]], estadista e político colombiano, que ocupou a Presidencia da República entre xuño e setembro de [[1830]]. Tamén exerceu como [[Vicepresidencia|Vicepresidente]] de [[República de Nova Granada|Nova Granada]].
 
== Traxectoria ==
Joaquín Mosquera y Arboleda naceu en [[Popayán]] o [[14 de decembro]] de [[1787]]. Foi o primoxénito do matrimonio de José María Mosquera y Figueroa e María Manuela Arboleda Arrachea. Pertencente a dúas das familias máis influentes e poderosas da súa rexión, outro tres dos seus irmáns destacáronse na vida pública de Colombia: [[Tomás Cipriano de Mosquera|Tomás Cipriano]], [[Manuel María Mosquera|Manuel María]] e [[Manuel José Mosquera|Manuel José]].
 
Á curta idade de 5 anos, xa sabía ler e ingresara na escola pública. Logo pasou ó Seminario da cidade e de alí á Universidade do Cauca, onde se graduou como [[avogado]] en [[1805]].
Entre 1833 e 1835 foi [[Vicepresidencia|vicepresidente]] de [[República de Nova Granada|Nova Granada]]; despois foi reitor da Universidade do Cauca e, en varias ocasións, [[Docente|profesor]] deste cadro de persoal.
 
Ó longo da súa carreira rexeitou o ofrecemento de varios cargos públicos como, por exemplo, a dirección do Crédito Público en [[Popayán]] en [[1825]]. Mosquera pertenceu a diversas corporacións científicas e literarias e foi entusiasta da instrución popular. Distinguiuse como orador. Contraeu matrimonio coa súa curmá irmá María Josefa Mosquera Hurtado, con quen tivo cinco fillos: José María, Pedro, Rosa, Mariana e Eusebia. Dende 1858, perdeu a vista e morreu en [[Popayán]] en [[1858|1878]], ós 92 anos de idade.
 
== Véxase tamén ==
[[Categoría:Finados en 1878]]
[[Categoría:Colombianos de ascendencia galega]]
[[Categoría:Militares}}
128.603

edicións