Real Academia Galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Desfíxose a edición 4967174 de 193.144.97.102 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Desfíxose a edición 4967173 de 193.144.97.102 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Liña 22:
 
== Historia ==
[[Ficheiro:Manuel_curros_enriquez.jpg|miniatura|190px|esquerda|[[Curros Enríquez]], impulsor da RAG.]]
O precedente da Real Academia Galega foi a Comisión Xestora para a creación da Academia Galega, promovida por [[Emilia Pardo Bazán]] e [[Ramón Pérez Costales]]. Montouse sobre a base dunha sociedade, [[Folklore Gallego]], presidida pola escritora.
 
En [[1904]] [[Manuel Murguía]] publicou un artigo na revista do [[Gran Hotel de Mondariz]] no que propugnaba a creación dunha academia galega. Este artigo espertou interese e en [[1905]] constituíuse na [[A Habana|Habana]] a [[Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega|Sociedade Protectora da Academia Gallega]], grazas ao impulso de [[Manuel Curros Enríquez]] e [[Xosé Fontenla Leal]]. En Galiza seguiron esta iniciativa algúns persoeiros que se reunían no [[Cova Céltica|faladoiro]] da [[Libraría Rexional]] de [[Uxío Carré Aldao]] da Coruña. A Real Academia Galega constituíuse o [[30 de setembro]] de [[1906]], presidida por [[Manuel Murguía]] e con corenta membros. O acto celebrouse nos locais da [[Círculo de Artesáns|Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos]], case un ano despois da presentación legal dos seus estatutos. Os obxectivos iniciais eran fundamentalmente lingüísticos e incluían a elaboración dun dicionario e unha gramática, proxectos que demoraron moitos anos.
[[Ficheiro:Manuel Murguía, Almanaque Gallego para 1900, p. 17.jpg|miniatura|180px|[[Manuel Murguía]], primeiro presidente da RAG.]]
Durante a presidencia de Murguía ([[1906]]-[[1923]]) elevouse a figura de [[Rosalía]], comezouse a publicar o ''Boletín de la Academia Gallega'' (263 números) e a Academia viuse no medio de polémicas e enfrontamentos debido ao seu carácter galeguista. O segundo presidente, [[Andrés Martínez Salazar]], foino só un ano, xa que morreu inesperadamente. A entidade entrou nun período de inactividade que motivou a fundación do [[Seminario de Estudos Galegos]]. O terceiro presidente foi [[Eladio Rodríguez]] ([[1926]]-[[1934]]), e durante este período entraron [[Castelao]] e [[Antón Vilar Ponte]]. Substituíuno [[Manuel Lugrís Freire]], que houbo de dimitir en [[1936]] por problemas de saúde. Chegou entón a [[guerra civil española]], que fixo silenciar a institución e levouna a unha etapa de semiclandestinidade durante a que foi presidida por [[Manuel Casás Fernández]] ([[1942]]-[[1960]]) e [[Sebastián Martínez Risco y Macías]] ([[1960]]-[[1977]]).
 
Esta etapa viviuse como un tempo de espera. En [[1963]] presentou a iniciativa do [[Día das Letras Galegas]] que, non moi valorada nun primeiro momento, tornouse especialmente dinamizadora co transcurso dos anos. No [[1972]] a RAG estandarizou o deseño actual das Armas ou Escudo do Reino de Galicia. Anos máis tarde, a RAG propuxo á [[Xunta de Galicia]] de conservar a memoria da antiga bandeira galega dentro da [[Bandeira de Galicia]] moderna. O resultado foi a superposición das armas ou escudo galego sobre a bandeira nacional civil, formando a actual bandeira oficial que debe figurar nos actos oficiais do goberno e institucións galegas.
Liña 30 ⟶ 36:
[[Ficheiro:Recepción de Castelao na Real Academia Galega, A Coruña, 25 de xullo de 1934.jpg|miniatura|300px|De pé, de esquerda a dereita: [[Sebastián González García-Paz|Sebastián González]], [[Eladio Rodríguez González]], [[Enrique Peinador]], [[Gonzalo López Abente]], Pura González Varela (muller de Lugrís), [[Celia Brañas y Fernández Miranda|Celia Brañas Fernández]], [[Ramón Otero Pedrayo|Otero Pedrayo]], [[David Fernández Diéguez]], [[Ángel del Castillo]] e [[Fernando Cortés Bugía]]. Sentados [[Fernando Martínez Morás]], [[Castelao]], [[Manuel Lugrís Freire]], [[Antón Villar Ponte]] e [[Félix Estrada Catoyra]].<ref>Recepción de Castelao na Real Academia Galega na [[A Coruña|Coruña]] o [[25 de xullo]] de [[1934]].</ref>]]
En 2006 foi galardoada co Premio Fernández Latorre<ref>[http://www.fundacionsantiagoreyfernandezlatorre.com/premios/ano2006.shtml Premio Fernández Latorre, Año 2006 - 48ª edición] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20120621005332/http://www.fundacionsantiagoreyfernandezlatorre.com/premios/ano2006.shtml |date=21 de xuño de 2012 }} {{es}}</ref>.
 
En maio de 2009, en vésperas do [[Día das Letras Galegas]], a Academia publicou un manifesto en prol da lingua galega, para facer fronte á campaña de desprestixio orquestrada por unha parte dos grupos políticos<ref>[http://www.anosaterra.org/nova/quen-e-o-autor-do-informe-da-faes.html "Quen é o autor do informe da FAES?"] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20090519064521/http://www.anosaterra.org/nova/quen-e-o-autor-do-informe-da-faes.html |date=19 de maio de 2009 }}, artigo de H. Vixande n’''[[A Nosa Terra (1977)|A Nosa Terra]]'', 26 de abril de 2009.</ref> e unha minoría social con escaso apoio en Galiza mais con medios importantes<ref>[http://www.elcorreogallego.es/index_2.php?idMenu=86&idNoticia=181354 "Un cómic contra o galego copia unha campaña homófoba dos Estados Unidos"], ''[[El Correo Gallego]]'', 26 de xuño de 2007.</ref> no [[Estado español]]<ref>[http://www.elmundo.es/elmundo/2008/06/24/espana/1214271917.html "Masivo apoyo de los lectores de EL MUNDO al manifiesto por el castellano"], ''[[El Mundo]]'', 24 de xuño de 2008 {{es}}.</ref>. Neste manifesto reivindicou a necesidade dun uso simétrico do bilingüismo<ref>[http://elprogreso.galiciae.com/nova/31110.html "A RAG critica á Xunta de Feijóo por desprotexer o galego"], ''[[El Progreso (xornal)|El Progreso]]'', 12 de maio de 2009.</ref> e mais unha presenza digna do galego en ámbitos nos que ten dificultades para se facer un oco, como a Xustiza ou o ensino. O 16 de xaneiro de 2010 a Academia emitiu un informe negativo das ''Bases para o decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia''<ref>[http://www.realacademiagalega.org/PlainRAG/notices/files/Analise_BASES_RAG.pdf Análise da Real Academia Galega das Bases para o decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20100215140800/http://www.realacademiagalega.org/PlainRAG/notices/files/Analise_BASES_RAG.pdf |date=15 de febreiro de 2010 }}, 16 de xaneiro de 2010.</ref>, coas que o [[PPdeG]] pretendía derrogar o decreto aprobado polo anterior goberno (formado polo [[PSdeG]] e [[BNG]]). O informe aprobouse por unanimidade e aclamación<ref>[http://www.galiciae.com/nova/46645.html "Inmersión lingüística é o que me fixeron a min ao educarme en castelán!"] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20100125145150/http://www.galiciae.com/nova/46645.html |date=25 de xaneiro de 2010 }}, entrevista de Beti Vázquez a Méndez Ferrín en ''Galiciaé'', 22 de xaneiro de 2010.</ref>.
 
=== A Real Academia Galega durante o franquismo ===