Real Academia Galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Desfíxose a edición 4967176 de 193.144.97.102 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Desfíxose a edición 4967175 de 193.144.97.102 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Liña 22:
== Historia ==
 
Esta etapa viviuse como un tempo de espera. En [[1963]] presentou a iniciativa do [[Día das Letras Galegas]] que, non moi valorada nun primeiro momento, tornouse especialmente dinamizadora co transcurso dos anos. No [[1972]] a RAG estandarizou o deseño actual das Armas ou Escudo do Reino de Galicia. Anos máis tarde, a RAG propuxo á [[Xunta de Galicia]] de conservar a memoria da antiga bandeira galega dentro da [[Bandeira de Galicia]] moderna. O resultado foi a superposición das armas ou escudo galego sobre a bandeira nacional civil, formando a actual bandeira oficial que debe figurar nos actos oficiais do goberno e institucións galegas.
[[Ficheiro:Boletín de la RAG, año 1, núm. 4, 1906.gif|miniatura|esquerda|''Boletín de la Academia Gallega'', ano 1906, n.º 4.]]
Durante a presidencia de [[Domingo García-Sabell]] ([[1977]]-[[1997]]), produciuse o acordo co [[Instituto da Lingua Galega]] sobre as [[Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego]] ([[1982]]), co cal se unificaban as dúas propostas enfrontadas. A Real Academia foi recoñecida como referencia na [[Lei de normalización lingüística]]. Creáronse un Seminario de Lexicografía, que elaborou o seu primeiro dicionario monolingüe, e o Seminario de Sociolingüística, que realizou o [[Mapa Sociolingüístico de Galicia]]. En marzo de 1979 a Academia trasladouse á sede actual da rúa Tabernas na [[A Coruña|Coruña]] desde as dependencias municipais do [[Palacio de María Pita]] onde estaba a sede desde 1920.<ref>{{cita libro|título=Tiempos republicanos|nome1=Jesús María|apelidos1=Reiriz Rey|nome2=Xosé|apelidos2=Alfeirán Rodríguez|editorial=[[Ateneo Republicano de Galicia]]|data=2004|lugar=A Coruña|isbn=84-933103-2-8}}</ref><ref>{{Cita web |url=http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2004/03/22/2530118.shtml |título=Los reyes inauguran en A Coruña la nueva sede de la Real Academia Gallega |data-acceso=04 de xaneiro de 2017 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20170104235141/http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2004/03/22/2530118.shtml |dataarquivo=04 de xaneiro de 2017 |urlmorta=si }}</ref>