Real Academia Galega: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Liña 31:
Esta etapa viviuse como un tempo de espera. En [[1963]] presentou a iniciativa do [[Día das Letras Galegas]] que, non moi valorada nun primeiro momento, tornouse especialmente dinamizadora co transcurso dos anos. No [[1972]] a RAG estandarizou o deseño actual das Armas ou Escudo do Reino de Galicia. Anos máis tarde, a RAG propuxo á [[Xunta de Galicia]] de conservar a memoria da antiga bandeira galega dentro da [[Bandeira de Galicia]] moderna. O resultado foi a superposición das armas ou escudo galego sobre a bandeira nacional civil, formando a actual bandeira oficial que debe figurar nos actos oficiais do goberno e institucións galegas.
[[Ficheiro:Boletín de la RAG, año 1, núm. 4, 1906.gif|miniatura|esquerda|''Boletín de la Academia Gallega'', ano 1906, n.º 4.]]
Durante a presidencia de [[Domingo García-Sabell]] ([[1977]]-[[1997]]), produciuse o acordo co [[Instituto da Lingua Galega]]
Coa presidencia de [[Francisco Fernández del Riego]] (1997-[[2001]]) abriuse a institución, namentres ca de [[Xosé Ramón Barreiro Fernández]] déuselle un pulo á informatización dos fondos documentais que se foran adquirindo e en [[2003]] revisáronse as Normas ortográficas e morfolóxicas.
|