Repsol: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Sen resumo de edición
Liña 20:
'''Repsol S.A.''' é unha [[sociedade anónima]], fundada en [[1987]] e na súa orixe formada pola agrupación dunha serie de compañías, previamente pertencentes ao [[Instituto Nacional de Hidrocarburos]] (INH), con actividades na [[exploración]], [[produción (economía)|produción]], [[transporte]] e [[refinería de petróleo|refino]] de [[petróleo]] e [[gas natural|gas]]. Tamén fabrica, distribúe e comercializa derivados do petróleo, produtos [[Petroquímica|petroquímicos]] e gas licuado e vende [[gas natural]].
 
O seu nome deriva da marca de lubricantes comercializada por REPESA (''Refinería de Petróleos de Vertedoiros''), pola súa notoriedade e fácil pronuncia en diferentes idiomas e co obxectivo de transformarse nunha marca líder, de prestixio e recoñecemento mundial. En 1991, o [[Instituto Nacional de Hidrocarburos]] (INH) ante a inminente desaparición do monopolio estatal de petróleos fixouse o obxectivo de crear unha empresa de capital mixto público - privado que explotase os activos petroleiros do Estado. Á hora de buscarlle nome realizouse unha enquisa a nivel de rúa e as dúas únicas palabras que a xente recoñeceu e asociou co mundo do petróleo foron [[CAMPSA]] (distintivo do antigo monopolio) e REPSOL. Obviamente, elixiuse esta última para dar nome á nova sociedade.
 
Cando en 1999 Repsol adquiriu practicamente a totalidade das accións da [[Petróleo|petroleira]] [[Empresa pública|estatal]] [[arxentina]] [[YPF]], a sociedade pasou a chamarse Repsol YPF, S.A. constituíndo unha [[empresa]] [[multinacional]] integrada de [[petróleo]] e [[gas natural]], converténdose nunha das maiores petroleiras privadas do mundo, con operacións en máis de trinta países, e sendo a maior compañía privada enerxética en [[Hispanoamérica]], en termo de activos.