Mirón (escultor): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m ligazóns internas
Liña 6:
 
== Traxectoria ==
Debeu quizais ser discípulo de [[Axeladas]], como probablemente [[Fidias]] e [[Policleto]]. Concentrou a súa actividade en Atenas. Traballou utilizando o [[bronce]], mais ningunha das súas obras orixinais chegou directamente ata nós, porén podemos ter unha idea das súas cualidades artísticas a través das numerosísimas copias romanas, en [[mármore]], e que demostran a popularidade da que gozou na Antigüidade.
A súa obra máis notábel é, sen dúbida o [[Discóbolo]]. Nesta estatua, Mirón representou un atleta espido no momento de esforzo, cando concentra toda a súa enerxía antes de lanzar o disco. Con perfecta harmonía de movementos tensos, o Discóbolo aparece inmóbil, nunha pose fóra do tempo. Mais o artista non quixo representar o movemento dun home singular nun intre dado, senón a mesma idea de movemento. A estatua orixinal foi fundida para facer un [[Canón (arma)|canón]]. Este acto bárbaro, non puido borrar a memoria dunha das máximas obras mestras da historia da arte.
 
Outra obra célebre de Mirón é o grupo de [[Atenas e Marsias]], datábel arredor do 455 a.C.