Diferenzas entre revisións de «Historia de Ourense»

sen resumo de edición
 
Éste período de esplendor deixará marca na distribución da cidade, xa que os Pazos Episcopais e a Catedral, convertidos en fortalezas, van a polarizar un novo estiramento da cidade cara o norte e ao arredor da basílica. A porta norte da cidade marcará o camiño cara a Ponte, principak via de comunicación da cidade. Outras rúas paralelas á cara oeste da Catedral, Lepanto, Tendas e Paz, confluirán coas da cara este na Praza do Ferro, saíndo cara a rúa Santo Domingo en busca da Ponte.
 
== Conflitos na Idade Media ==
 
A Idade Media representou para a cidade unha época de continuos conflitos e inestabilidade política e social. Neste período produciranse unha serie de tensións entre as tres forzas puxantes naquel momento: a monarquía, a igrexa e o concello (que se menciona por primeira vez nunha Carta Pobra de Diego Velasco en [[1122]]). O primeiro conflito entre concello e Igrexa ten lugar en [[1256]] cando o primeiro recibe a [[Afonso X]], coa conseguinte protesta da igrexa, que era en realidade, a principal dona da cidade e polo tanto a encargada de recibir aos altos cargos. Coa queima en [[1293]] do convento dos franciscanos, os enfrontamentos entre igrexa e concello recrudecéronse. O asunto chegou a [[Roma]], onde o bispo foi condeado a reedificar o convento na parte alta da cidade, do cal hoxe só queda o claustro de comezos do [[século XIV]]. A igrexa do convento foi transladada ao seu actual emplazamento, na Alameda de San Lázaro.
Como consecuencia destes actos, [[Fernando IV]] retiroulle a xurisdicción da cidade á igrexa, que máis tarde sería recobrada grazas a [[Afonso XI]].
 
Baixo Pedro I, a cidade viuse envolta en loitas fraticidas co futuro Enrique II pola coroa, alentado o primeiro por don Afonso. O Castelo Ramiro é tomado polos homes do concello e do Adiantado de Galicia. Só en [[1382]], Xoan I devólvelle o castelo ao bispo don Pascual García. En [[1385]] entra en Galicia o Duque de Lancáster, pretendente da Coroa de Castela e aliado de Xoan I de Portugal. Na cidade os seus "secuaces" causan enormes estropicios que poñen en evidencia a vulnerabilidade da cidade. Estes defectos fan que o bispo Pascual levante un muro de protección. Dende a finalización da construcción, a cidade queda cercada por un "vergonzante" muro. A murralla estaba formada polas partes traseiras das casas e as partes máis pequenas eran fehadas por tapias. A murrala contaba con 13 portas. Esta edificación sera un dos elementos de protección da cidade xunto coas fortalezas da catedral e os Pazos do Bispo. Durante o [[século XV]] prolongase a inestabilidade coas tensións entre concello e bispo e algunhas nobrezas "levantísticas"
 
 
 
 
 
 
 
 
683

edicións