Fronte Polisario: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
alto o fogo > cesamento do fogo
Liña 18:
Dende 1975, a organización ten o seu centro de operacións en [[Tinduf]], territorio [[alxeria]]no, e mantén un amplo apoio no interior do Sáhara español e entre os estudantes saharauís nas [[Canarias]] e [[Madrid]]. O mesmo ano as [[Nacións Unidas]] recoñecen o movemento. En febreiro de [[1976]] a Polisario proclama a '''[[República Árabe Saharauí Democrática]] (RASD)''' cun goberno no exilio. A RASD é membro da [[Unión Africana]]. Foi recoñecida como estado por 66 países, a maioría africanos ou latinoamericanos. Outros moitos estados non recoñecen ao Sáhara Occidental pero si o Polisario como representante do pobo saharauí.
 
Os combates seguen durante 1976 e 1977, época durante a que a FP conta cuns 10.000 homes armados, atacando as localidades nas que se estableceran os marroquís e mauritanos e as instalacións de Fosbucrá, pero tamén o sur de Marrocos. Marrocos perdeu neses anos 20 avións e helicópteros, 600 vehículos e perdeu uns 4.200 homes, mentres Mauritania perdía 1.600 homes, segundo datos do Polisario. ata o [[6 de setembro]] de [[1991]], día en que se acorda un altocesamento odo [[fogo]] trala creación dos [[Muro marroquí|muros marroquís]].
 
A [[MINURSO]] (Misión das Nacións Unidas para o Referendo do Sáhara Occidental) é o organismo encargado de velar polo altocesamento odo fogo e preparar un referendo, aínda non celebrado.
 
O Polisario controla a parte occidental do territorio alén dos muros (un total de oito), aínda que o territorio está practicamente deshabitado e as súas tropas están estacionadas en Alxeria.