Escudo de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Desfíxose a edición 4841944 de 46.222.113.121 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
convertir > converter
Liña 96:
Tras o [[Concilio de Trento]] en [[1545]] a Igrexa católica acordou levar a cabo unha serie de medidas encamiñadas a frear a difusión do [[protestantismo]] en [[Europa]]. Desde o [[Papado]] e as monarquías fieis a [[Roma]], procurouse consolidar o culto [[catolicismo|católico]] e sentar o dogma católico. Para logralo crearonse novos instrumentos de comunicación e expansión da fe católica, poñendo especial énfase na difusión da mensaxe católica a través dunha nova [[propaganda]] artística; o [[barroco]].
 
Neste contexto de propaganda das ideas católicas e contrarreformistas, xorde a mudanza que no século XVI sofre o cálice, pasando inicialmente a ser un cáliz aberto (coa hostia visible) para pouco despois convertirseconverterse nun [[relicario]]<ref name="guevara2007">[[Eduardo Pardo de Guevara y Valdés|PARDO DE GUEVARA Y VALDÉS, E.]] ''O escudo de Galicia. Orixe, significacións e evolución''. En BARREIRO FERNÁNDEZ, X.R.; VILLARES, R. ''[http://consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2007_Os-simbolos-de-Galicia.pdf Os símbolos de Galicia]''. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega; A Coruña: Real academia Galega. 2007. ISBN 978-84-96530-46-1.</ref>. Deste xeito, procurábase dar ao escudo do [[reino de Galicia]] unha aura católica e relixiosa da que ata ese momento carecía. Os primeiros exemplos xorden no século XVI, se ben o relicario non logrou desprazar por completo ao cáliz orixinal.
 
<gallery>