José Zorrilla: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
convertir > converter
Liña 20:
Fuxindo de novo da súa muller, volveu a París en [[1851]], onde estivo coa súa amante Leila, e viaxou a [[Londres]] en [[1853]], onde o famoso reloxeiro Losada axudoulle a liberalo dos seus inseparables apuros económicos. Despois pasou once anos en [[México]], primeiro baixo o goberno liberal e despois baixo a protección e mecenado de [[Maximiliano I de México|Maximiliano I]], pasando [[1858]] en [[Cuba]].
 
Nese país tivo unha vida de illamento e pobreza, sen mesturarse na guerra civil entre federalistas e unitarios. Porén, trala chegada ao poder de Maximiliano I en [[1864]], Zorrilla convertirseconverterse en poeta académico e foi nomeado director do [[Teatro Nacional de México|Teatro Nacional]].
 
Trala morte da súa esposa, regresou a [[España]] en [[1866]]. Tras saber do fusilamento de Maximiliano, verqueu no poema ''[[El drama de un alma]]'' todo o seu odio contra os liberais mexicanos, así como contra os que abandonaran ao seu amigo, [[Napoleón III]] e o [[Papa]]. Desde entón a súa [[Fe (relixión)|fe]] relixiosa sufriu un duro golpe. Recuperouse casando con [[Juana Pacheco]] en [[1869]], pero regresaron os seus apuros económicos que non puideron evitar nin os recitais públicos da súa obra, nin unha comisión gobernamental en [[Roma]] ([[1873]]), nin unha pensión outorgada demasiado tarde, aínda que recibía a protección dalgúns personaxes da alta sociedade española coma os [[José Manuel de Goyeneche y Gamio|condes de Guaqui]]. Porén, as honras seguían a caer sobre el: cronista de [[Valladolid]] ([[1884]]), coroación coma poeta nacional laureado en [[Granada]] en [[1889]] etc.