Sacramento Kings: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
m plantel>cadro/equipo (via JWB)
convertir > converter
Liña 39:
Os incontables amigables, ademais dos partidos da tempada, fixeron dano ao equipo polo ano 1948, con varias lesións nas Finais da NBL de 1947 e 1948. O equipo engadiu a Bobby Wanzer para substituír a Cervi, ademais doutros movementos no equipo. Ademais, a forte reputación do equipo fíxoo partícipe da fusión entre a NBL e a Basketball Association of America (BAA).
 
Na tempada 1948-49, os Royals trasladáronse á BAA xunto aos [[Fort Wayne Pistons]], Minneapolis Lakers e Indianapolis Jets. Un ano despois, a BAA fusionouse cos demais equipos da NBL para convertirseconverterse na [[National Basketball Association]] (NBA).
 
O movemento á BAA fixo que Rochester deixara o seu calendario de amigables, e púxoo na mesma División Oeste na que estaba Minneapolis. Dos dous mellores equipos do baloncesto profesional, tan só un deles podía xogar as Finais da liga. Minneapolis, con Mikan, foi case sempre un pouco mellor nos playoffs que os Royals. Co seu pequeno pavillón e o seu agora limitado calendario, os Royals foron baixando o seu nivel, á vez que Harrison mantivo ao equipo nun nivel alto, que nunca baixou do segundo posto na súa división entre 1945 e 1954. Pasou moito tempo nos anos 1950 buscando un comprador para o equipo, a medida que as débedas aumentaban.