Adalberto de Kent: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución da categoría "Venerados polas Igrexas Ortodoxas" pola categoría "Venerados polas igrexas ortodoxas"
convertir > converter
Liña 27:
As datas do nacemento de Aethelberht e o seu ascenso ao trono de Kent son debatidos. Crese que Beda, a fonte máis antiga, toma os seus datos de Albino. Beda afirma que cando Aethelberht morreu en [[616]] reinaba había cincuenta e seis anos, datando o seu ascenso en 560. Beda tamén di que Aethelberht morreu vinte e un anos após o seu bautismo. Sábese que a misión de Agostiño chegou de Roma en 597, e segundo Beda, foi a que converteu a Aethelberht.<ref name="Bede_74">Bede, ''Ecclesiastical History'', Book I, Ch. 25 & 26, from Sherley-Price's translation, p. 74–77.</ref> Por iso as datas de Beda son contraditorias. A ''Crónica anglosaxoa'', unha fonte importante para datas antigas, é tan contraditoria coma Beda e tamén hai inconsistencias entre versións de diferentes manuscritos. Pondo xuntas as datas diferentes da ''Crónica'' para o nacemento, morte, e duración do reinado, parece que se cría que o reinado de Aethelberht trascorreu entre 560 e 616, ou entre 565 e 618, pero que as fontes confundiron as dúas tradicións.<ref name="Kirby_31">Kirby (''Earliest English Kings'', pp. 31–3) provides an extended discussion of the difficult chronology of Æthelberht’s reign.</ref>
 
É posible que Aethelberht se convertiraconvertera ao cristianismo antes da chegada de Agostiño. A muller de Aethelberht era cristiá e trouxera un bispo franco consigo para atendela na corte, entón Aethelberht tería coñecemento do cristianismo antes que a misión chegara a Kent. Tamén é posible que Beda tivera unha data errada da morte de Aethelberht; se, de feito, morreu en 618, isto sería consistente cun bautismo en 597, o cal concorda coa tradición de que Agostiño converteu o rei durante o primeiro ano desde a súa chegada.<ref name="Kirby_31"/>
 
Gregorio de Tours, na súa ''Historia Francorum'', escribe que Berta, filla de [[Cariberto I|Cariberto]], rei dos francos, casou co fillo do rei de Kent. Beda di que Aethelberht recibiu a Berta "dos seus pais". Se se interpreta literalmente a Beda, o matrimonio tivo que ter lugar antes de 567, cando Cariberto morreu. As tradicións sobre o reinado de Aethelberht, entón implicarían que o rei casou con Berta antes de 560 ou de 565.<ref name="Bede_74"/><ref name="Kirby_31"/>