Abrir o menú principal

Cambios

convertir > converter
O selo creouno en [[1980]] Cees Wessels nos [[Países Baixos]]. O negocio inicial de Roadrunner era a importación a [[Europa]] de gravacións de bandas norteamericanas de [[heavy metal]]. No ano [[1986]] abriu a súas sede nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], en [[Nova York]], e posteriormente abriría oficinas no [[Reino Unido]], [[Francia]], [[Alemaña]], [[Xapón]], [[Australia]], [[Dinamarca]] e [[Canadá]]. Entre os seus primeiros éxitos están álbums de [[King Diamond]] (o primeiro artista de Roadrunner en entrar na lista ''[[Billboard 200]]'' de álbums) e [[Annihilator]]. O selo tamén traballou coas primeiras edicións de [[Metallica]] na rexión de [[Escandinavia]]. Ao fnal da década dos 80 lanzaron dous discos que agora son considerados clásicos nos seus respectivos xéneros: ''[[Slowly We Rot]]'' de [[Obituary]] e ''[[Beneath the Remains]]'' de [[Sepultura (grupo musical)|Sepultura]].
 
Nos 90 asinaron con artistas como [[Life of Agony]], [[Machine Head]], [[Suffocation]], [[Type O Negative]] e o grupo [[grunge]] [[Willard]]. A medida que avanaba a década, varias das bandas que traballaban con Roadrunner conseguiron entrar no ''mainstream'', destacando principalmente Sepultura e Type O Negative. O disco de [[1993]] ''[[Chaos A.D.]]'', convertería a Sepultura na primeira banda de Roadrunner en acadar o ''top 40'' da lista de álbums da ''[[Billboard]]''. Type O Negative sería o primeiro grupo do selo en recibir unha certificaión da [[RIAA]]; este sería un disco de ouro (que posteriormente convertiríaseconverteríase en platino) polo seu álbum de 1993 ''[[Bloody Kisses]]''. A banda tamén sería a primeira de Roadrunner en aparecer na radio. No ano [[2000]], [[Slipknot]] conseguiría un disco de platino, sendo o primeiro para o selo. [[Nickelback]] tamén foi un grupo de éxito da etiqueta (aínda que tiña un contrato con outro selo no seu país, [[Canadá]]). Derek Shulman dirixiu Roadrunner Records a finais dos anos 90.
 
A comezos de [[2001]] os lanzamentos de Roadrunner comezaron a ser distribuídos polo [[Universal Music Group]]; o acordo de distribución xa expirou. O [[18 dedecembrode decembro]] do [[2006]] [[Warner Music Group]] asinou un acordo para mercar a meirande parte das accións (o 73,5%) da compañía nai de Roadrunner Records, Roadrunner Music Group B.V. Este acordo formalizouse o [[29 de xaneiro]] do [[2007]] tras recibir a aprvación en [[Alemaña]].
 
O [[11 de xuño]] do [[2008]], Roadrunner Records foi votado comoo "Mellor selo de metal" pola revista ''[[Metal Hammer]]'' nos seus Golden Gods Awards<ref>[http://www.blabbermouth.net/news.aspx?mode=Article&newsitemID=74753 Premios Metal Hammer]</ref>, un premio que gañou catro anos consecutivos dende entón. O galardón foi recollido por Sharon Den Adel e Ruud Jolie de [[Within Temptation]], unha das bandas máis grandes de Roadrunner.
8.981

edicións