Indiana Pacers: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
reemprazar > substituír
convertir > converter
Liña 41:
Os Pacers remataron a súa primeira tempada na NBA cun récord de 36-46. [[Billy Knight]] e [[Don Buse]] representaron a Indiana no [[All-Star Game da NBA]]. Porén, este feito foi tan só un dos poucos salientables nos primeiros 13 anos dos Pacers na NBA. Durante este tempo, só conseguiron tres tempadas cun récord positivo e clasificáronse dúas veces para os playoffs. Antes do comezo da [[Tempada 1977-78 da NBA|tempada 1977-78]], Knight e Buse foron traspasados. Adquiriron a [[Adrian Dantley]] a cambio de Knight, pero Dantley (que facía preto de 27 puntos por partido daquela) foi traspasado en decembro, mentres que o segundo máximo anotador do equipo, [[John Williamson]], foise en xaneiro.
 
En 1980, traspasaron a [[Alex English]] aos [[Denver Nuggets]] para adquirir de novo á antiga estrela da ABA, [[George McGinnis]], quen contribuiu moi poco nos dous seguintes anos en Indiana. English, en cambio, convertiuseconverteuse nun dos grandes anotadores da historia da NBA. Ó ano seguinte, mandaron unha elección do Draft de 1984 aos [[Portland Trail Blazers]], a cambio do pivote [[Tom Owens]], quen tan só xogou un ano nos Pacers. Este traspaso foi aínda peor tres anos máis tarde. Na [[Tempada 1983-84 da NBA|tempada 1983-84]], os Pacers remataron co peor récord da Conferencia Leste, o cal lles deu a segunda elección no Draft. Ese eleccións, traspasada tres anos antes aos Blazers, a usaron os de Portland para escoller a [[Sam Bowie]], mentres [[Michael Jordan]] estaba aínda dispoñible.
 
[[Clark Kellogg]] foi escollido no Draft de [[1982]] polos Pacers, e rematou segundo na votación para o [[Rookie do Ano da NBA|Rookie do Ano]], pero Indiana rematou a [[Tempada 1982-83 da NBA|tempada 1982-83]] coa terceira peor marca da súa historia, 20-62, e tan só gañou 26 partidos na [[Tempada 1983-84 da NBA|seguinte tempada]]. Tras gañar 22 partidos na [[Tempada 1984-85 da NBA|1984-85]] e 26 na [[Tempada 1985-86 da NBA|1985-86]], [[Jack Ramsay]] substituíu a [[George Irvine]] coma adestrador, e liderou aos Pacers cunha marca de 41-41 en [[Tempada 1986-87 da NBA|1986-87]], e a clasificarse para playoffs por segunda vez dende que chegaron á NBA. [[Chuck Person]], liderou ao equipo en anotación coma rookie, e foi nomeado Rookie do Ano da NBA. A primeira vitoria en playoffs da súa historia, chegou no 4º partido da primeira rolda contra os [[Atlanta Hawks]], única vitoria nunha serie a cinco partidos, que Atlanta gañou por 3-1.
 
=== 1987-2003: Era Reggie Miller ===
[[Reggie Miller]] foi elixido no [[Draft da NBA]] polos Pacers en [[1987]], e comezou a súa carreira coma suplente de [[John Long]]. Moitos seareiros non estiveron nese intre de acordo coa selección de Miller, xa que preferían a [[Steve Alford]], da Universidade de Indiana. Os Pacers non entraron nos Playoffs na [[Tempada 1987-88 da NBA|tempada 1987-88]], elixiron no Draft a [[Rik Smits]] en 1988, e sufriron unha desastrosa [[Tempada 1988-89 da NBA|tempada 1988-99]], na cal o adestrador Jack Ramsay dimitiu despois dun comezo de 0-7. Mel Daniels e George Irvine levaron o equipo antes de que [[Dick Versace]] se convertiseconvertese en adestrador, e pasou dun récord de 6-23 a un de 28-54 ao remate da tempada. En febreiro de 1989, os Pacers traspasaron ao pivote [[Herb Williams]] aos [[Dallas Mavericks]], a cambio do futuro [[Mellor Sexto Home da NBA]], [[Detlef Schrempf]].
 
[[Larry Brown]] foi fichado coma adestrador dos Pacers para a [[Tempada 1993-94 da NBA|tempada 1993-94]], e o mánager xeral [[Donnie Walsh]] completou un traspaso moi criticado no momento, ao enviar a Schrempf aos [[Seattle SuperSonics]] a cambio de [[Derrick McKey]] e o pouco coñecido Gerald Paddio. Pero os Pacers, que comezaron a tempada co típico récord baixo, gañaron os seus últimos oito partidos da tempada, conseguindo así 47 vitorias, a mellor marca da franquía na NBA por aquel entón. Conseguiron gañar a [[Shaquille O'Neal]] e os seus [[Orlando Magic]] por 4-0 na súa primeira vitoria nunhas series de Playoffs, e gañaron aos [[Atlanta Hawks]], primeiro clasificado na tempada regular, nas semifinais de conferencia.
 
Os Indiana Pacers, e particularmente Reggie Miller, puxeron finalmente o seu nome no máis alto nas Finais da [[Conferencia Leste da NBA|Conferencia Leste]] de [[1994]]. Coas series empatadas 2-2, o 5º partido se xogaba en Nova York, e Miller tivo a primeira de varias actuacións lendarias en playoffs. Cos Pacers perdendo de 15 puntos contra os Knicks no derradeiro cuarto, Miller anotou 25 puntos no 4º cuarto, incluíndo cinco triplas. Os Knicks gañaron os dous seguintes partidos e as series, pero Miller convertiuseconverteuse nunha estrela da NBA. Miller foi ademais o máximo anotador da selección dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] que gañou a medalla de ouro no Mundial da FIBA de [[1994]].
 
[[Mark Jackson]] chegou ao equipo nun traspaso cos [[Los Angeles Clippers]], dándolle a Indiana unha boa man no posto de base, que estivo moi frouxo nos anos anteriores. Na [[Tempada 1994-95 da NBA|tempada 1994-95]], os Pacers fixeron unha marca de 52-30, conseguindo o seu primeiro título da [[División Central da NBA|División Central]], e a súa primeira tempada de máis de 50 vitorias dende os tempos da ABA. O equipo pasou por enriba dos [[Atlanta Hawks|Hawks]] na primeira rolda, antes de enfrontarse outra vez cos seus rivais, os [[New York Knicks|Knicks]], nas semifinais da conferencia. Miller fixo outra vez unha actuación memorable. Desta vez, cos Pacers perdendo de seis puntos a falta de 16.4 segundos para o remate do partido, Miller anotou 8 puntos en 8.9 segundos para darlles a vitoria por dous puntos aos Pacers. Os Pacers derrotaron finalmente ós Knicks, e perderon nas Finais da Conferencia Leste contra os [[Orlando Magic]] en sete partidos.
 
Na [[Tempada 1997-98 da NBA|tempada 1997-98]], os Pacers elixiron a [[Larry Bird]] coma adestrador, e conseguiron un novo récord da franquía, rematando con 58-24. [[Chris Mullin]] chegou ó equipo en verán, e inmediatamente se convertiuconverteu nunha parte importante do quinteto dos Pacers, e no aleiro titular. Os adestradores asistentes [[Rick Carlisle]], encargado do ataque, e [[Dick Harter]], encargado da defensa, foron clave en conseguir o mellor de xogadores coma [[Dale Davis]], [[Antonio Davis]] e [[Derrick McKey]]. Reggie Miller e Rik Smits foron ao [[NBA All-Star Game|All-Star]] ese ano, e nos playoffs, os Pacers gañaron aos [[Cleveland Cavaliers]] e aos [[New York Knicks]] antes de caer contra os [[Chicago Bulls]] nunha épica final da Conferencia Leste.
 
Na [[Tempada 1998-99 da NBA|tempada 1998-99]], acortada polo lockout, os Pacers gañaron a División Central cun récord de 33-17, e gañaron aos [[Milwaukee Bucks]] e aos [[Philadelphia 76ers]] antes de caer cos New York Knicks nas finais da Conferencia Leste en seis partidos. Os Pacers traspasaron ao popular aleiro Antonio Davis aos [[Toronto Raptors]] a cambio da elección da primeira rolda do Draft [[Jonathan Bender]], un traspaso que xerou moita controversia entre os seareiros dos Pacers. Pero nos Playoffs do ano 2000, tras un récord de 56-26 en tempada regular, os Pacers gañaron aos Bucks na primeira rolda, aos 76ers na segunda rolda, e finalmente chegaron ás Finais da NBA tras gañar nas Finais do Leste aos Knicks en seis partidos.