Cristovo Colón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 4938605 de 85.136.216.40 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Kan > Khan
Liña 87:
Seguindo os costumes vixentes naquela época, as relacións de Colón con outros pobos e terras rexíanse polas posibilidades de conquistalas para o reino ao que representaba.
 
Pensando que se atopaba nas terras do [[Gran KanKhan]], intentaron tomar posicións militares defensivas e establecer contacto con algún rei, pero non atoparon nada parecido e comprobaron pouco a pouco que posuían unha gran superioridade armamentística sobre os indíxenas e que estes descoñecían as palabras "Gran KanKhan". Atribuíron ese descoñecemento a un baixo nivel cultural dos indíxenas e asumiron a facilidade de conquista do novo territorio.
 
O goberno dos irmáns Colón na [[A Española|Española]] non cumpriu coas expectativas dos reis españois. Non só se enfrontaron aos españois da illa, senón que, ao non conseguiren as riquezas que pensaran, agrediron os indíxenas e venderon algúns como escravos, desobedecendo así as ordes expresas de [[Isabel a Católica]], que deixara clara a súa vontade de que se tratase os indíxenas como súbditos de [[Reino de Castela|Castela]].<ref>{{cita libro|autor=IRVING, Washington|título=Vida y viajes de Cristobal Colon|url=http://books.google.es/books?id=MsUjjRTlDGoC|editorial=Gaspar y Roig|ano=1832|páxina=[http://books.google.es/books?id=MsUjjRTlDGoC&printsec=titlepage#PPA151,M1 151]}}</ref> Por este motivo, o primeiro [[Vicerrei]], [[Almirante]] e [[Gobernador]] de [[América]] foi arrestado e enviado con cadeas ante a reina polo gobernador [[Francisco de Bobadilla (gobernador)|Francisco de Bobadilla]].<ref>[http://ec.aciprensa.com/c/cristobcolon.htm "Cristóbal Colón"] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20090506100823/http://ec.aciprensa.com/c/cristobcolon.htm |date=06 de maio de 2009 }}, entrada na ''Enciclopedia Católica'' {{es}}.</ref> O comportamento de Colón non correspondía co que [[España]] propoñía nas súas leis,<ref>Tamén para o profesor da [[Universidade de Salamanca]], [[Francisco de Vitoria]], un dos principios fundamentais recoñecidos n a Carta Constitucional dos Indios, como teoloxía alternativa, era o dereitos destes a ser homes e ser tratados como seres libres (véxase ''Derechos y Deberes entre Indios y Españoles en el nuevo mundo según Francisco de Vitoria''. [[Salamanca]], [[Universidad Pontificia de Salamanca]], 1992: p. 10.[http://www.alertanet.org/dc-rcolme-const-ve.htm]</ref> aínda que a distancia, entre outros motivos, propiciaron condutas similares á de Colón cos indíxenas, as cales denunciou [[Bartolomé de las Casas|Frei Bartolomé de las Casas]].