Helen Churchill Candee: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
máis do homónimo en inglés
Liña 2:
{{Biografía}}
'''Helen Churchill Candee''', nada en [[Nova York]] o [[5 de outubro]] de [[1858]] e finada o [[23 de agosto]] de [[1949]], foi unha escritora, [[xornalismo|xornalista]], decoradora de interiores, [[xeografía|xeógrafa]] e [[feminismo|feminista]] [[Estados Unidos de América|estadounidense]]. É coñecida por ser unha das superviventes do naufraxio do {{RMS|Titanic}} en [[1912]] e polo seu traballo posterior como escritora e exploradora do [[sueste asiático]].
 
== Traxectoria ==
=== Primeiros anos ===
Helen naceu como Helen Churchill Hungerford, a filla dos comerciantes [[Nova York|neoyorkino]] Henry e Mary Elizabeth (Hungerford) Churchill. Pasou a maior parte da súa mocidade en [[Connecticut]]. Casou con Edward Candee de [[Norwalk, Connecticut]] con quen tivo dous fillos, Edith e Harold.<ref>''Biographical Cyclopedia of U.S. Women'' (1924)</ref> Despois de que o seu marido abandonara á familia, Helen logrou manter á súa familia como escritora de revistas como ''[[Scribner's]]'' e ''The [[Ladies' Home Journal]]''. Inicialmente escribiu sobre temas acordes coa súa clase social, pero axiña comezou a escribir sobre outros temas como o coidado dos nenos, a educación e os dereitos das mulleres. Durante varios anos residiu en [[Oklahoma]], e as súas historias sobre esa rexión axudaron a alcanzar fama a nivel nacional como xornalista. Candee obtivo o divorcio en 1896, despois dunha longa separación do seu marido.<ref>Linda D. Wilson, "Helen Churchill Candee: Author of an ''Oklahoma Romance''," ''Chronicles of Oklahoma'', 75:414 (1997)</ref>
 
=== Carreira ===
Helen Candee foi unha [[feminismo|feminista]] convencida,<ref>''Woman's Who's Who of America'' (1914)</ref> como demostrou no seu primeiro libro best-seller, ''How Women May Earn a Living'' (1900). O seu segundo libro, ''An Oklahoma Romance'' (1901), foi unha novela que promovía as posibilidades de establecerse naquela rexión.<ref>{{cite news|title=An Oklahoma Romance|work=Pearson's Magazine|date=1902 de 1902|pages= 452–53}}</ref>
 
Xa consolidada como escritora, Candee mudouse a [[Washington, D.C.]], onde converteuse na primeira decoradora de interiores profesional. Entre os seus clientes estaban o [[secretario de guerra dos Estados Unidos|secretario de guerra]] [[Henry Stimson]] e o presidente [[Theodore Roosevelt]]. O seu libro ''Decorative Styles and Periods'' (1906), encarnou os seus principios para o deseño: unha busca histórica coidadosa e absoluta autenticidade.
 
Mentres permaneceu en Washington, Candee mantivo unha ampla vida social, servindo en varias actividades cívicas e envolvéndose nas políticas [[Partido Demócrata dos Estados Unidos|demócratas]]. Entre as súas amizades se encontraba un amplo espectro político, desde o reformista liberal [[William Jennings Bryan]] ata a ultra conservadora [[primeira dama dos Estados Unidos|primeira dama]] [[Helen Herron Taft]]. A súa amizade cos Taft foi duradeira a pesar das súas diferentes opinións sobre os dereitos das mulleres. Tamén mantivo contacto co presidente [[Theodore Roosevelt]] e a súa muller. Dous dos encargos máis importantes que tivo durante este período foi precisamente do matrimonio Roosevelt; o primeiro en 1907 consistiu en seleccionar unha parella de cadeiras de estilo [[Luís XVI]] para a primeira dama, e o segundo consistiu nun traballo de consultora para o arquitecto [[Nathan C. Wyeth]] na reforma da ala oeste da [[Casa Branca]] en 1909.<ref>Helen Churchill Candee, ''Angkor the Magnificent'' (2008)</ref>
 
Candee foi membro do comité directivo da Galería de arte Corcoran, así como da sociedade arqueolóxica e da Federación Americana de Arte. Tamén desenvolveu un importante papel na Asociación Nacional do Sufraxio Feminino.
 
Nos seus primeiros anos como xornalista, Candee escribiu obras de ficción de interese para as mulleres máis tradicionais como ''Good Housekeeping'', ''Harper's Bazaar'', ''The Ladies' Home Journal'', e ''Woman's Home Companion''. Os seus últimos artigos, centrados na arte, cultura e deseño, apareceron en ''American Homes'', ''American Magazine of Art'', e ''International Studio''. Candee tamén colaborou con diversos xornais políticos como ''Atlantic Monthly'', ''The Century'', ''Forum'', ''Metropolitan'', e ''Scribner's''.
 
Escribiu oito libros –catro deles sobre decoración, dous guías de viaxe, unha novela e unha instrutivo–. O seu maior éxito foi ''The Tapestry Book'' (1912), do que publicou varias edicións.
 
=== Viaxe no RMS Titanic ===
{{VT|RMS Titanic}}
Candee encontrábase en Europa na primavera de [[1912]], completando a súa investigación para o seu libro ''The Tapestry Book'', cando recibiu un telegrama da súa filla Edith avisándoa de que o seu fillo Harold ("Harry"), tivera un accidente.<ref>{{cite book|author=Lord, Walter|title=A Night to Remember}}</ref> Desde París, Candee reservou unha pasaxe para o novo transatlántico de luxo, o {{RMS|Titanic}}. Na súa viaxe, socializou con outros pasaxeiros de primeira clase como o axudante do presidente [[William Howard Taft]], [[Archibald Butt]], [[Archibald Gracie IV]], e o pintor [[Francis Davis Millet]].
 
A noite do naufraxio, Candee logrou subir ao bote número 6, pero caeu e rompeu o nocello. Compartiu o bote con [[Margaret Brown]], xunto á que dirixiu os remos da embarcación.<ref>{{cite web|title=GFHC: Lady Zelig, Titanic Survivor|url=http://www.dailykos.com/story/2014/03/07/1282493/-GFHC-Lady-Zelig-Titanic-Survivor|work=Daily Kos|publisher=Kos Media|accessdate=8 March 2014|author1=Land of Enchantment |author2=Daily Kos member |date=7 de marzo de 2014}}</ref>
 
Debido á ruptura do nocello, Candee tivo que empregar muletas durante case un ano. En marzo de 1913, participou na protesta "Votes for Women" que tivo lugar diante da [[Casa Branca]], montada a cabalo na cabeceira da manifestación que rematou no [[Capitolio dos Estados Unidos|Capitolio]].
 
== Notas ==