Brasil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
recentemente
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 148:
{{Artigo principal|Xeografía do Brasil}}
[[Ficheiro:Brazil topo en2.PNG|miniatura|esquerda|275px|Mapa físico do Brasil.]]
O territorio brasileiro está atravesado por dous planos xeográficas imaxinarias: o [[Ecuador terrestre|Ecuador]], que pasa pola [[desembocadura|foz]] do [[río Amazonas|Amazonas]], e o [[Trópico de Capricornio]], que cruza pola cidade de [[São Paulo]].<ref>{{cita web|url=http://www.webciencia.com/05_posicaogeo.htm|título=Posição Xeográfica|dataacceso= 5 de setembro de 2013|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20101130133800/http://webciencia.com/05_posicaogeo.htm|dataarquivo=30 de novembro de 2010|urlmorta=si}}</ref> O país ocupa unha área vasta ao longo da costa leste de [[América do Sur]] e abarca gran parte do interior do continente, compartindo fronteiras terrestres co [[Uruguai]] ao sur; a [[Arxentina]] e [[Paraguai]] ao suroeste; [[Bolivia]] e o [[Perú]] ao oeste; [[Colombia]] ao noroeste e [[Venezuela]], [[Suriname]], [[Güiana]] e a [[Güiana Francesa]] ao norte. Desta forma, ten fronteiras en común con tódolos países de Suramérica, excepto con [[Ecuador]] e [[Chile]]. O territorio brasileiro tamén engloba unha serie de illas e arquipélagos, como [[Fernando de Noronha]], o [[Atol das Rocas]], [[Arquipélago de San Pedro e San Paulo|San Pedro e San Paulo]] e [[Trindade e Martim Vaz]].<ref name="factbook">{{cita web|título= Brazil|autor= Central Intelligence Agency|obra=The World Factbook|ano= 2011|url = https://www.cia.gov/library/publications/the-world-factbook/geos/br.html|dataacceso=5 de setembro de 2013|lingua=inglés}}</ref> O tamaño, relevo, clima e recursos naturais fan do Brasil un país xeograficamente diverso.
 
O Brasil é ademais o [[Lista de países por superficie|quinto Estado máis grande do mundo]], despois de [[Rusia]], o [[Canadá]], a [[República Popular China|China]] e os [[Estados Unidos]], ademais de ser o terceiro máis grande de [[América]], cunha superficie total de 8&nbsp;514&nbsp;876,599&nbsp;km²,<ref name="Área">{{cita web|url=http://www.ibge.gov.br/home/geociencias/cartografia/default_territ_area.shtm|título=Área territorial oficial|autor=Resolución da Presidencia do IBGE n°5 (R.PR-5/02)|dataacceso= 1 de decembro de 2011|ano=2002}}</ref> incluíndo 55.455&nbsp;km² de auga.<ref name="factbook"/> Debido a esta gran superficie, o seu territorio abarca tres [[Fuso horario|fusos horarios]], dende o [[UTC|UTC-4]] nos estados occidentais, ao [[UTC|UTC-3]] para os estados do leste, ademais de ser a hora oficial do Brasil, e [[UTC|UTC-2]] para as illas.