61.374
edicións
m (Homoxeneización de == Ligazóns externas == e == Véxase tamén ==) |
m (-mente) |
||
Un '''sistema termodinámico''' é unha parte do [[Universo]] que se illa para o seu estudo. Este 'illamento' pódese levar a cabo dun xeito real, no campo experimental, ou dun xeito ideal, cando se trata de abordar un estudo teórico.
Os sistemas termodinámicos clasifícanse segundo o grao de illamento que presentan coa súa contorna. Considérase ''contorna'' aquela parte do Universo que non é o sistema.
*''Sistema illado'', que é aquel que non intercambia nin [[materia]] nin [[enerxía]]. Un sistema ten múltiples xeitos de intercambiar enerxía co [[medio]]. Unha delas pode ser mediante unha transferencia neta de [[calor]], aínda que tamén se poden considerar intercambios de tipo [[traballo mecánico|mecánico]], no que se teñen en conta as deformacións da [[contorna]] onde se atopa confinado o sistema. Un exemplo desta clase podería ser un [[gas]] encerrado nun recipiente de paredes ríxidas o suficientemente grosas (paredes [[adiabático|adiabáticas]]) como para considerar que os intercambios de [[enerxía calorífica]]. É importante entender a diferenza entre enerxía térmica e calor. A calor é unha 'enerxía en tránsito', concretamente é a transferencia de enerxía que se dá entre dous corpos que están en contacto directo, ou case, e que se atopan a distintas temperaturas.
*''Sistema pechado''. É o que pode intercambiar enerxía pero non materia co exterior. Multitude de sistemas pódense englobar nesta clase. O mesmo planeta [[Terra (planeta)|Terra]], se non se teñen en conta os intercambios de materia que poden ter lugar como consecuencia da chegada dos [[asteroide]]s ou [[meteorito]]s que chegan á súa superficie, pode considerarse un sistema pechado. Unha lata de sardiñas tamén podería estar incluída nesta clasificación. Como pode comprobarse non existen restriccións sobre o tamaño do sistema. O sistema pode ser inclusive o propio Universo.
|
edicións